Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29465

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de xuño de 2017 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia Galega de Innovación xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da directora da Axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 8 de xuño de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia da necesidade de crear os postos de traballo de persoal laboral para levar a cabo o procedemento de integración, como persoal laboral da Xunta de Galicia, do persoal laboral fixo procedente da extinta Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, agás os correspondentes á rama de actividade da fundación constituída polo Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, a integrar na Consellería de Economía, Emprego e Industria, que voluntariamente solicitou a súa integración, de conformidade co disposto no procedemento previsto no Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable a persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción, e na Orde do 1 de febreiro de 2016, do conselleiro de Facenda, pola que se inicia o procedemento de integración, como persoal laboral da Xunta de Galicia, do persoal laboral fixo procedente da extinta Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de xuño de 2017, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia Galega de Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file