Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decretos (ETX 234/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesus Plácido Suárez Villaverde e outros contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L. foi ditado no 26 de maio de 2017 decreto de acumulación cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva

Acordo: acumular a presente execución número 50/2017 á seguida nesta oficina xudicial co número 234/2013.

Únase testemuño da presente resolución e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A letrada da Administración de xustiza»

Por outro lado, no procedemento de execución de títulos xudiciais 53/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rama Mosquera e outros contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L. foi ditado no 26 de mayo de 2017 decreto de acumulación cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva

Acordo: acumular a presente execución número 53/2017 á seguida nesta oficina xudicial co número 234/2013.

Únase testemuño da presente resolución e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Sanrent, S.L. e Millarent, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza