Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (233/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fundación Laboral da Construción contra Restaura Galicia, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº procedemento ordinario 233/2015 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LRXS, citar a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 10.7.2017 ás 13.15 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Así mesmo, requíreselle para que achegue ao acto do xuízo os seguintes documentos:

Os indicados pola parte demandante no seu escrito de demanda (outrosí digo segundo):

– Modelo 036 (declaración censal de alta, modificación e baixa no censo de empresarios, profesionais e retedores correspondente aos períodos reclamados).

– Modelo 390 (declaración-resumo anual IVE correspondente aos períodos reclamados).

– Modelo 347 (declaración anual informativa de operacións con terceiras persoas).

– Contratos de traballo subscritos vixentes nos períodos reclamados.

Advírteselle que se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán estimarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (art. 94.2 LXS).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación e requirimento a Restaura Galicia, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza