Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 59/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 59/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Javier Sanmartín Igrexas contra a empresa Iniciativas Audiovisuales, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Acordo:

– Dar por desistido a Pedro Javier Sanmartín Igrexas da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Iniciativas Audiovisuales, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que se asine a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e debe indicar no campo concepto “recurso”, seguida do código “31 social-revisión de resolucións de letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 social-revisión de resolucións de letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Iniciativas Audiovisuales, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza