Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31944

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a selección dun auxiliar de arquivo.

Conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 24 de maio de 2017, convócase oposición para seleccionar á persoa que desempeñará o posto de traballo de auxiliar de arquivo, na modalidade de funcionario interino, asimilado ao grupo C, subgrupo C2, para executar un programa local para a actualización do arquivo municipal.

O período de duración da interinidade será dun ano, contado desde a toma de posesión do funcionario que resulte seleccionado e a xornada de traballo será de 37,5 horas semanais.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación requirida é de dez días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do concello e tamén se publicarán no BOP.

Arzúa, 12 de xuño de 2017

José Luis García López
Alcalde