Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32823

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN314A).

BDNS (Identif.): 351500.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas físicas ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e en edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa para acadar melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.

Terceiro. Bases reguladoras

Establécense na orde de convocatoria.

Cuarto. Contía

A dotación orzamentaria é de 893.861,14 euros.

O custo subvencionable máximo será de 70 euros por m2 de fachada ou cuberta. A contía da subvención será do 40 % dos custos totais subvencionables (IVE incluído, cando tal imposto sexa subvencionable).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para cubrir e validar as solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria