Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2011/0205-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao amparo do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrado, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza firme ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, ditada no procedemento número 33/2017, polo accidente laboral do traballador Marcelino Vila Alonso.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (21.6.2011).

• Escrito de alegacións (11.7.2011).

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2011/0205-4.

Acta: I362011000055694.

Empresa: Urbegal Regueira, S.L.

NIF: B-94 025 178.

Enderezo: r/ Victoriano Pérez Vidal, 27, Salceda de Caselas.

Vigo, 5 de xullo de 2017

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica