Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 33994

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 26 de xuño de 2017 pola que se nomean dous novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 8 da dita resolución, a Confederación Intersindical Galega acordou a substitución dun dos seus membros titulares e dun dos seus membros suplentes da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega, a Miguel Malvido Cabirto e membro suplente a Francisco Xavier González Sío, en substitución de Manuel Currás Meira e Francisco Xabier Cartelle Pérez, respectivamente.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria