Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Inclusión Social, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 01/2017.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 de propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social, Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

De conformidade co sinalado no acordo de incoación referido, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De non efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2017

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Expediente: 01/2017.

Interesado: Cristóbal Fernández Domínguez.

DNI: 27520099R.

Último enderezo coñecido: rúa Marqués de Valterra, 6, 36202 Vigo (Pontevedra).

Acto de notificación: acordo do 8 de maio de 2017 de incoación de procedemento sancionador.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.