Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a extinción dunha concesión temporal de carácter experimental.

Pola Resolución do 1 de xuño de 2017, da Consellería do Mar, extinguiuse a concesión temporal de carácter experimental que lle fora outorgada á sociedade Ameixa de Carril, S.L. pola Resolución do 18 de setembro de 2008.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á sociedade Ameixa de Carril, S.L. (B-36282853), con último enderezo coñecido en Punta Preguntoiro, 20, Vilaxoán, a resolución antes referida.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro desta resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderá impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica