Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34118

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1431/2017).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1431/2017

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 351/2016. Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Silvia Villasenín Becerra

Avogado: Marcos Gende Periscal

Recorridos: Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Strass Textil, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L.

Avogado/a: Fogasa, Alberto Jose Garcia Vilaboy, Alberto Jose García Vilaboy, María Dolores Vasallo Rapela

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1431/2017 desta sección, seguido por instancia de Silvia Villasenín Becerra contra o Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Strass Textil, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L. sobre resolución de contrato, ditouse a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Estimamos en parte o recurso de suplicación formulado polo letrado Marcos Gende Periscal, en nome e representación de Silvia Villasenín Becerra, contra a sentenza do 9 de xaneiro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, no procedemento número 351/2016, seguido contra Shivshi, S.L. e outras, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, e revogamos, parcialmente, a expresa resolución, no sentido declarar o dereito da demandante a extinguir a relación laboral, condenando as empresas Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., a aboar solidariamente á demandante a indemnización do 24.713,15 (s.e.o.o), confirmándoa en canto ao resto de pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confección Ideal, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza