Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de dotacións e infraestruturas As Costeiras.

A Xunta de Goberno Local desta corporación, en sesión do 15 de xuño de 2017, prestou aprobación inicial ao documento do Plan especial de dotacións e infraestruturas As Costeiras (PE-4), redactado pola UTE Pedro González Souto –AL. Luque Aseguinolaza y Asociados, S.L.P. xunto co resumo executivo e estudo ambiental estratéxico, polo cal consonte o disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, procede a súa exposición ao público polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Baiona, 22 de xuño de 2017

Ángel Manuel Rodal Almuíña
Alcalde