Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35107

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 3 de xullo de 2017 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2017/18.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 132, do mércores 12 de xullo de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 33663, no artigo 2.f), onde di: «f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 6.1.b).», debe dicir: «f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 9.1.b).».

Na páxina 33665, artigo 4, número 1.j), onde di: «j) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia xuvenil de acordo coas funcións recollidas nos números 3 e 4 do artigo 10...», debe dicir: «j) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia xuvenil de acordo coas funcións recollidas nos números 3 e 4 do artigo 13...».

Na páxina 33669, artigo 8, número 1.c), onde di: «A selección de solicitudes polas distintas comisións seguirá unha interpretación única dos criterios establecidos no artigo 6.», debe dicir: «A selección de solicitudes polas distintas comisións seguirá unha interpretación única dos criterios establecidos no artigo 9.».

Na páxina 33671, artigo 9, número 1.b), onde di: «Non obstante, cando as circunstancias na data da declaración do IRPF antes indicada non coincidan coas circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude, teranse en conta estas últimas, previamente xustificadas documentalmente, e sempre e cando cumpran as condicións consideradas no último parágrafo do artigo 4.1.f).», debe dicir: «Non obstante, cando as circunstancias na data da declaración do IRPF antes indicada non coincidan coas circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude, teranse en conta estas últimas, previamente xustificadas documentalmente, e sempre e cando cumpran as condicións consideradas no artigo 4.1.d).».

Na páxina 33672, artigo 9 número 1.i), onde di: «i) Violencia de xénero: mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida dentro do intervalo de tempo dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude e sempre que a dita acreditación se realice de conformidade co indicado no artigo 4.1.h): 1 punto.», debe dicir: «i) Violencia de xénero: mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida dentro do intervalo de tempo dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude e sempre que a dita acreditación se realice de conformidade co indicado no artigo 4.1.f): 1 punto.».

Na páxina 33678, artigo 13, número 3, onde di: «3. Obriga de participar en todas as tarefas e os labores relacionados coa dinamización do centro en actividades de información xuvenil, biblioteca, informática e deporte, entre outras. Correspóndelle ao/á director/a da residencia asignar estas tarefas en función do proxecto de actividades previsto no artigo 4.1.m),...», debe dicir: «3. Obriga de participar en todas as tarefas e os labores relacionados coa dinamización do centro en actividades de información xuvenil, biblioteca, informática e deporte, entre outras. Correspóndelle ao/á director/a da residencia asignar estas tarefas en función do proxecto de actividades previsto no artigo 4.1.j),...».