O Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia establece no seu artigo 17 que as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poidan ser cubertas co persoal existente e se deban prover mediante persoal de novo ingreso serán obxecto, de ser o caso, de aprobación dunha oferta anual de emprego público, que se publicará no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia.
Mediante Acordo da Mesa de Negociación da Administración do Parlamento de Galicia do 3 de xullo de 2017 establecéronse os criterios xerais dos plans de oferta de emprego público.
Conforme o anterior e unha vez analizadas as necesidades de persoal existentes, a Mesa da Cámara, na súa reunión de 4 de xullo de 2017,
DISPÓN:
Aprobar a oferta de emprego público da Administración do Parlamento de Galicia para o ano 2017, constituída polas seguintes prazas vacantes dotadas orzamentariamente e que deben ser provistas mediante o persoal de novo ingreso que se relaciona a seguir:
Tipo de persoal: funcionario.
Grupo de clasificación profesional: A.
Corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia.
Número de prazas: 1.
Tipo de persoal: funcionario.
Grupo de clasificación profesional: B.
Corpo de xestión do Parlamento de Galicia.
Escala técnica de tecnoloxías.
Número de prazas: 2.
Tipo de persoal: funcionario.
Grupo de clasificación profesional: D.
Corpo auxiliar do Parlamento de Galicia.
Número de prazas: 1.
O ingreso nos corpos e na escala relacionados farase por oposición libre.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017
Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia