Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35649

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña microempresas).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 1 de xuño de 2017, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro

Publicar as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Segundo. Convocatoria e prazo de presentación de solicitudes

Convocar para 2017 o dito réxime de axudas en concorrencia non competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2017, concedéndose as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape (www.igape.es), co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada Lei de subvencións de Galicia.

Terceiro. Dotación orzamentaria

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

2017

2018

09.A1.741A.7700

50.000 €

350.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Así mesmo, non se poderán outorgar axudas por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, do cal se dará a correspondente publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Quinto

Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos
inferiores ou iguais a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio
de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape),
as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca
(liña microempresas)

O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da Comunidade Autónoma galega.

A composición do tecido empresarial galego está formada nun 99,89 % por pequenas e medianas empresas. Son estas empresas as que contribúen dun xeito máis directo a crear emprego e riqueza no seu entorno e constitúen a fórmula máis recorrida e idónea para o autoemprego.

O pequeno tamaño destas empresas, das que o 96,15 % son microempresas, supón que teñen unha nula ou moi pequena capacidade de influír no mercado e que teñen que acomodarse ás circunstancias deste, sen posibilidade ningunha de fixar prezos, negociar o financiamento, etc. Ante esta situación, os apoios deben dirixirse especialmente a procurar facilitarlles o acceso ao financiamento e minorar o seu custo.

Esta circunstancia ten, ademais, unha especial incidencia nas microempresas, autónomos e emprendedores, que se atopan con especiais dificultades para o acceso ao crédito a longo prazo, en condicións competitivas.

A fenda entre o custo do financiamento das grandes e das pequenas empresas españolas medrou ate o 105 % durante a crise, segundo datos do Banco Central Europeo. As pemes, ao solicitar un menor volume, pagan un custo máis alto pola débeda en que incorren e verse tamén máis afectadas polos ciclos económicos. Este diferencial é consecuencia da maior dificultade para conseguir a información financeira das pemes, fundamentalmente autónomos ou sociedades que non teñen a obriga de estar auditadas e, ademais, dispoñen de menores garantías para apoiar os seus créditos.

Por outra banda, o sector industrial amósase coma o de maior capacidade de xerar valor engadido e riqueza, polo que debe ser considerado dun xeito especial.

Nesta liña, convócanse as axudas ás microempresas para a redución dos custos do financiamento, para acometer investimentos en Galicia e dotarse da liquidez necesaria para o desenvolvemento da actividade.

Estas axudas, en definitiva, pretenden mellorar o acceso dos autónomos, os emprendedores e das empresas do sector industrial ao financiamento, que é un dos obxectivos da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade, e da Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.

Así mesmo, a Axenda de Competitividade Industrial Galicia: Industria 4.0, aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do 13 de maio de 2015, establece cinco plans de impulso con 26 enfoques estratéxicos e 60 medidas que desenvolverá a Administración galega entre os anos 2015 e 2020. En particular, o enfoque estratéxico 2.3 prevé apoiar especialmente o emprendemento industrial.

A tramitación destas axudas exclúe a concorrencia competitiva con base no establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por canto serán bonificables todas as operacións financeiras que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras, ata o esgotamento do crédito. Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de investimento que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, poidan levar adiante as empresas.

Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que solicitudes de axuda financeira poidan ser atendidas coa debida dilixencia e en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de xeito continuo.

Artigo 1. Obxecto

As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das microempresas (procedemento IG510H).

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa, incluídos os autónomos. Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 10 traballadores.

b) Que teña unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.

c) Que cumpra o criterio de independencia.

Para os efectos da determinación dos criterios anteriores, observarase a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Terán que ter formalizada unha operación de préstamo cunha entidade financeira adherida ao convenio de colaboración asinado para o efecto, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2017, ICO-Garantía SGR/SAECA 2017 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.

No caso de sociedades civís e comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo da autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2017 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe inferior ou igual a 25.000 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos, e cumprir coas condicións específicas, de actividade e localización, establecidas nestas bases.

3. En aplicación do artigo 48.b) da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.

4. Ademais de reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións e non ser consideradas empresas en crise de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.

Artigo 3. Condicións específicas para o acceso ás axudas do Igape

1. Actividade.

Os proxectos obxecto de financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no anexo II. Non obstante, no caso de proxectos que se van desenvolver por emprendedores, considéranse atendibles todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis; para as empresas do sector pesqueiro, as establecidas no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e para as empresas do sector agrícola, as descritas no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE do 21 de decembro).

2. Localización.

O investimento obxecto de financiamento deberá realizarse en Galicia.

Artigo 4. Características dos proxectos que se van financiar

1. O financiamento poderá destinarse aos seguintes conceptos:

a) Activos fixos produtivos novos ou de segunda man (IVE incluído).

b) Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismo, cun prezo máximo de 30.000 € máis IVE.

c) Adquisición de empresas: adquisición dunha unidade produtiva (conxunto de medios organizados que poidan levar a cabo unha actividade económica) ou das participacións sociais necesarias para obter o control sobre o negocio adquirido.

d) Liquidez co límite do 50 % do financiamento.

2. Por activo produtivo deberá entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permitan realizar a actividade da empresa.

3. Os beneficiarios das axudas establecidas nestas bases deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia da bonificación á operación financeira. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens en que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino. Non poderán obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

4. Non se concederá axuda, por parte do Igape, ao financiamento destinado:

a) A vehículos de transporte, no sector de transporte de mercadorías por estrada.

b) Á adquisición ou construción de buques de pesca.

c) Ao imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.

5. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos a terceiros polo beneficiario en propiedade. Poderanse financiar investimentos realizados no prazo de execución, comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 ata un ano desde a formalización do préstamo. A diferenza entre os importes correspondentes aos investimentos e o importe disposto do financiamento considérase utilizada para liquidez.

6. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores; entenderase por vinculación o establecido no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

Artigo 5. Importe máximo de préstamo por beneficiario

1. Só terán acceso ás axudas de bonificación dos custos de financiamento establecidas nestas bases os préstamos formalizados por un importe inferior ou igual a 25.000 €.

2. A porcentaxe de financiamento poderá alcanzar o 100 % do proxecto, non obstante, a bonificación do Igape calcularase para o 75 % do préstamo.

Artigo 6. Prazos de amortización

Serán atendibles, para os efectos das axudas establecidas nestas bases, os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a 5 anos.

Artigo 7. Tipos de xuro e comisións das operacións

1. Os tipos de xuro máximos, segundo o prazo e modalidade escollida, serán os publicados quincenalmente polo ICO na súa páxina web (www.ico.es), na epígrafe de tipo de xuro que figura nas fichas da liña ICO-Empresas e Emprendedores 2017, para as operacións sen aval de SGR, e na ficha da Liña ICO-Garantía SGR/SAECA 2017, para as operacións formalizadas con aval dunha SGR.

2. A entidade de crédito non aplicará ningunha comisión ao cliente pola concesión do financiamento. No caso de contar con aval financeiro, este será do 100 % e a SGR poderá aplicar unha comisión de estudo máxima do 0,50 % do importe total da operación.

3. As SGR poderán cobrar ao cliente en concepto de comisión de aval ate un máximo do 1,5 % do risco vivo anual e ata o 4 % do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez que remate a súa relación coa SGR.

Artigo 8. Axuda do Igape

1. Consistirá nunha axuda financeira que se deberá destinar á amortización anticipada do principal do préstamo. A dita axuda determinarase do seguinte xeito:

a) Axuda ao tipo de xuro de 1,5 puntos porcentuais, con carácter xeral e, no caso de autónomos, emprendedores ou proxectos pertencentes ao sector industrial, en 0,5 puntos porcentuais adicionais.

A dita axuda calcularase como segue:

1º. Calcularanse os valores absolutos dos puntos que se percibirán durante o período teórico de vixencia do préstamo, incluído, se é o caso, o período de carencia. Para os efectos de excluír o IVE, tomarase como base para o cálculo o 75 % da operación formalizada e como base da liquidación o ano comercial (360 días).

2º. Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da formalización da operación financeira.

3º. No caso de que a operación fose formalizada a un prazo superior a 7 anos, os cálculos faranse de xeito teórico, como se fose a 7 anos, incluída a carencia.

b) Axuda do 15 % sobre o tramo de préstamo que debe financiar activos fixos.

c) Axuda á comisión do aval financeiro, se é o caso, que se calculará como na axuda ao tipo de xuro.

2. Considérase autónomo a persoa ou persoas físicas que realicen de xeito habitual, persoal, directa, por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo.

3. Terán a consideración de emprendedores, de acordo coa Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, as persoas físicas e xurídicas que se encontren realizando unha actividade empresarial ou profesional con ata corenta e dous meses de antigüidade ou ben os trámites previos para poder desenvolver unha actividade económica. O dito prazo computarase desde a data de formalización do préstamo.

4. Considéranse proxectos pertencentes ao sector industrial aqueles que desenvolven unha actividade económica das relacionadas na sección C do anexo do Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) (BOE do 28 de abril).

5. A entidade financeira non poderá cobrar comisión ningunha pola amortización anticipada do principal do préstamo, como consecuencia do pagamento da axuda.

6. No suposto de que o tipo de xuro alcanzase niveis inferiores aos puntos de bonificación, a axuda do Igape limitaríase ao tipo de xuro establecido para a vixencia da operación, ou ben para o primeiro período, no caso de operacións a tipo de xuro variable. É dicir, o tipo de xuro resultante, tras a redución, non poderá ser inferior a cero.

7. O 15 % sobre o tramo de préstamo que debe financiar activos fixos calcularase aplicando a porcentaxe do 15 % sobre o 50 % da base de cálculo tida en conta na axuda ao tipo de xuro.

Artigo 9. Compatibilidade e límite de axuda

1. A concesión das axudas queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outras axudas pública ou privada pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de minimis; isto é, de xeito xeral as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais; para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

As axudas de minimis non se acumularán con ningunha axuda estatal en relación cos mesmos gastos subvencionables se a dita acumulación excedese a intensidade de axuda fixada por un regulamento de exención por categorías.

2. Cando o importe de axuda que se vai conceder con suxeición a estas bases supere o límite máximo global, o dito importe de axuda reducirase na parte que proceda.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico das axudas recibidas en réxime de minimis nos derradeiros tres exercicios. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 10. Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación

1. De acordo coas características do programa de axuda, o procedemento de concesión tramitarase en concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

2. Forma e lugar de presentación das solicitudes:

a) Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar unha solicitude de axuda, o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

No suposto de que o beneficiario sexa unha persoa física e non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais para que lle presten asistencia e medios para cubrir o formulario electrónico, ou a través do número de teléfono 900 81 51 51. Tamén se poderá recibir asistencia na propia entidade de crédito colaboradora.

Unha vez cuberto o formulario na aplicación informática, obterase o formulario normalizado de solicitude que se xunta como anexo I a estas bases a titulo informativo.

b) Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

c) A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

1º. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

2º. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a Norma X.509 V3, válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

3º. A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

4º. Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

5º. No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

d) No caso de que o solicitante sexa unha persoa física, opcionalmente, poderá presentar a solicitude presencialmente no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario de solicitude normalizado (anexo I).

e) Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es.

As entidades financeiras e SGR, se é o caso, poderán consultar a situación das solicitudes a través da extranet de entidades colaboradoras.

3. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: póliza da operación financeira formalizada.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas. De conformidade co artigo 28 da Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Para achegar os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

As persoas físicas, opcionalmente, poderán presentar copia simple da documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, en copia simple. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape.

4. Dentro dos dez días seguintes á presentación das solicitudes no Rexistro, o Igape comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron presentadas, o número de expediente asignado, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento (3 meses desde a data da presentación da solicitude no Igape) e os efectos do silencio administrativo (negativo).

5. Se a solicitude non reúne os datos exixidos nestas bases, requirirase o solicitante para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento se emende a falta, con indicación de que, en caso contrario, se considerará o interesado desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal circunstancia.

Nos casos en que o Igape o considere necesario e para os efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación co cumprimento por parte dos proxectos da normativa específica que resulte aplicable.

6. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Este modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Cando as persoas interesadas sexan persoas físicas, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI da persoa solicitante ou representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Resolución

Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados mediante trámite de audiencia, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Unha vez rematada a instrución e cumprido, se é o caso, o trámite de audiencia, a Dirección da Área de Financiamento do Igape elevará proposta de resolución ao director xeral do Igape, quen resolverá por delegación do Consello de Dirección e incluirá os termos que se expresan a seguir:

O importe e destino do préstamo bonificado, o prazo de vixencia e, de ser o caso, a carencia, o prazo de execución do proxecto, o tipo de xuro da operación, os puntos e o importe da bonificación, o importe da axuda financeira sobre o tramo de préstamo que debe financiar os investimentos en activos fixos e a compensación da comisión de aval, no caso das operacións avaladas por unha SGR.

As resolucións de denegación de solicitudes deberán detallar a causa.

Artigo 13. Notificación, silencio administrativo e recursos

1. O Igape notificará ao solicitante e comunicará á entidade de crédito e SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da bonificación. As notificacións efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas sexan persoas xurídicas. As persoas físicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o acceso á web do Igape no enlace de tramitación electrónica. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario de solicitude. No caso de persoas xurídicas, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, o Igape efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. O prazo máximo para notificar a resolución do procedemento será de 3 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda no Igape. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015. Transcorrido tal prazo sen que se notificase resolución expresa, poderá entenderse rexeitada.

3. Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses desde a súa notificación, se fose expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección, no prazo dun mes desde a súa notificación, se fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 14. Publicación

1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía, Emprego e Industria incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a súa remisión ás entidades financeiras e sociedades de garantía recíprocas para os efectos da formalización da operación e a referida publicidade.

2. De acordo co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as axudas concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape (www.igape.es) e no Diario Oficial de Galicia, expresando a norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da axuda, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios. A publicación no Diario Oficial de Galicia debe realizarse no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, non obstante, cando os importes das axudas concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das axudas concedidas na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

3. De acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 1149/2011, do 29 de xullo, polo que se establece e regula o rexistro español de axudas de minimis no sector pesqueiro (BOE nº 223, do 16 de setembro), no caso de que o beneficiario sexa unha empresa do sector pesqueiro, o Igape publicará a axuda concedida ao abeiro destas bases no citado rexistro e expresará a información a que se fai referencia no anexo I deste real decreto.

4. De acordo co establecido no artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na BDNS non requirirá o consentimento do beneficiario. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no número 1 do artigo 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

5. Segundo o establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os beneficiarios están obrigados a subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da lei. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

Artigo 15. Xustificación e pagamento da axuda

1. Para facer efectivo o pagamento da totalidade da axuda, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento no prazo máximo de 1 mes desde a data de remate do período de execución, sinalado na resolución de concesión.

2. Para iso deberá cubrir previamente o formulario de liquidación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

No suposto de que o beneficiario sexa unha persoa física e non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais, para que lle presten asistencia ou medios para cubrir o formulario electrónico, ou a través do número de teléfono 900 81 51 51. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa. Unha vez cuberto o formulario na aplicación informática, obterase o formulario normalizado de solicitude de cobramento que se xunta como anexo III a estas bases a título informativo.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude de cobramento normalizado co IDEL (anexo III), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

4. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas. De conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 15.6. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Exceptúanse do anterior os documentos que, de conformidade co artigo 15.6, deban ser orixinais (orixinal en formato electrónico ou copia auténtica). No caso de que o documento orixinal estivese en formato papel, o beneficiario deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, con carácter previo á súa presentación electrónica.

5. No caso de que o beneficiario sexa unha persoa física, unha vez xerada a solicitude, opcionalmente, poderá presentala presencialmente, no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario de solicitude normalizado (anexo III), xunto coas copias simples dos documentos relacionados no artigo 15.6, agás as facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do gasto da actividade, que se deberá presentar en orixinal ou copia cotexada. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo beneficiario, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

6. O sistema de xustificación será a conta xustificativa simplificada establecida no artigo 51 do Decreto 11/2009, que regulamenta a Lei de subvencións de Galicia (por tratarse de axudas por importe inferior a 30.000 €). No formulario de liquidación solicitaranse os seguintes datos e información necesarios para a súa composición e establecidos no citado artigo:

a) Unha memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue de acordo cun orzamento estimado, indicaranse as desviacións producidas.

c) Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia.

O Igape requiriralle ao beneficiario a remisión dos xustificantes de gastos, seleccionados con base en técnicas de mostraxe; comprobarase para estes efectos por parte do Igape un mínimo do 10 % dos expedientes con axudas aprobadas por importe ata 6.000 €, e un mínimo do 20 % dos expedientes con axudas aprobadas por importe superior a 6.000 € e ata 30.000 €. A documentación que se deberá presentar será:

i) Orixinal das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento, a nome do beneficiario da axuda.

ii) Documentación bancaria acreditativa do pagamento, emitido polo beneficiario da axuda.

Porén, cando das comprobacións realizadas non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda, o Igape procederá a requirirlles aos beneficiarios a totalidade dos documentos xustificativos.

7. Segundo o establecido no artigo 42.3 do Decreto 11/2009 que regulamenta a Lei de subvencións de Galicia, só se admitirán xustificantes de pagamentos en efectivo para importes inferiores aos 1.000 € por provedor, que se xustificarán mediante recibo emitido polo provedor.

8. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase ao beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

9. O Igape revisará a documentación xustificativa e poderá solicitar ao beneficiario, á entidade de crédito ou, se é o caso, á SGR calquera documentación e información adicional que considere oportuno para os efectos dunha correcta análise da xustificación da realización do proxecto.

10. Unha vez verificada a documentación achegada, o Igape procederá ao pagamento da axuda financeira a través da entidade financeira prestamista. A axuda terá que destinarse á amortización anticipada do principal da operación, polo que, unha vez aplicada, a entidade financeira ou o titular deberá presentar no Igape, no prazo de 30 días, certificación acreditativa da amortización do principal, na contía aboada.

En calquera caso, o réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Cando o beneficiario da axuda poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a súa concesión que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da axuda, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 16 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da axuda poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Modificacións

1. O beneficiario queda obrigado a comunicarlle ao Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda. En particular, deberá remitir unha declaración complementaria das axudas recibidas para a mesma operación no momento en que sexa comunicada calquera concesión e sempre coa presentación da solicitude de cobramento.

2. O beneficiario da axuda poderá solicitar, motivadamente, a modificación da resolución, durante o período establecido na resolución de concesión para a execución do proxecto.

3. O director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección, poderá acordar as modificacións do proxecto relativas á titularidade, tidas en conta para a concesión da axuda sempre que a modificación do proxecto ou titularidade non prexudique a terceiros, e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda. No caso de operacións con fondos do ICO, deberá autorizalo previamente o ICO.

O cambio de beneficiario deberá acreditarse documentalmente así coma a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados da operación bonificada. Presentarase a solicitude asinada polo novo titular, xunto co consentimento do anterior beneficiario.

En ningún caso a resolución de modificación implicará aumentar a contía da axuda inicialmente aprobada.

4. A obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, ou á súa revogación, no caso de que os ditos cambios supoñan o incumprimento dos requisitos establecidos para os proxectos ou o beneficiario.

5. O Igape poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 17. Incumprimentos, reintegros e sancións

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de devolver total ou parcialmente a axuda percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios e graduación:

a) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien o proxecto financiado, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda, suporá a perda dun 5 % da axuda concedida.

b) Non manter os investimentos obxecto da axuda durante o período establecido suporá a perda da axuda correspondente ao activo non mantido nunha porcentaxe equivalente ao tempo non cumprido.

c) Non manter a vixencia do préstamo bonificado durante o período inicialmente establecido na escritura de formalización suporá o reintegro do importe correspondente á seguinte graduación:

i) Se se amortizase totalmente o préstamo durante o primeiro cuarto da vida do préstamo, suporía a devolución do 90 % da axuda.

ii) Se se amortizase totalmente o préstamo durante o segundo cuarto da vida do préstamo, suporía a devolución do 40 % da axuda.

iii) Se se amortizase totalmente o préstamo durante o terceiro cuarto da vida do préstamo, suporía a devolución do 20 % da axuda.

iv) Se se amortizase totalmente o préstamo durante o último cuarto da vida do préstamo ou despois do sétimo ano, non suporía a devolución de ningunha contía da axuda.

v) No caso de amortización parcial, aplicaranse as porcentaxes anteriores de xeito proporcional ao importe do préstamo cancelado.

3. Incumprimento total:

a) Obter a axuda sen reunir as condicións requiridas.

b) Cando non se xustifique ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da axuda, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute desta.

c) Cando non permitan someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas.

4. O procedemento para declarar o incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ao disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e será competente para a súa resolución o director xeral do Igape. Contra a súa resolución caberá recurso contencioso-administrativo antes os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, nos dous meses seguintes á súa notificación e, potestativamente, recurso de reposición ante o director xeral do Igape no mes seguinte ao da súa notificación.

5. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Control

Os beneficiarios e as entidades colaboradoras quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verificar a aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas. Debe facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Artigo 19. Adhesión mediante convenio con entidades colaboradoras

1. Para a xestión das axudas, o Igape formalizará coas entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca un convenio de colaboración. O referido convenio ten por obxecto definir os termos de colaboración entre a entidade de crédito, as sociedades de garantía recíproca e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

As entidades financeiras realizarán por conta do Igape as seguintes actuacións:

a) Colaborar na difusión do programa de axudas do Igape entre os seus clientes, dando a coñecer as axudas nas súas sucursais, mostrando a publicidade facilitada polo Igape e dando información axeitada aos solicitantes que llelo requiran.

b) Colaborar cos beneficiarios na tramitación das solicitudes de axuda ao Igape, tanto cubrindo os formularios como na tramitación das solicitudes, ou formulando ante o Igape as dúbidas que lles presenten os solicitantes.

c) Comunicar ao Igape as persoas autorizadas para o acceso á extranet de entidades colaboradoras, para poder consultar a situación das solicitudes e, ao mesmo tempo, estar en contacto co persoal do Igape que se ocupa da tramitar as solicitudes presentadas co fin de xestionar calquera dúbida ou aclaración que se precise.

d) Remitir ao Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación achegada polo beneficiario, relativa á formalización da operación financeira, á xustificación do proxecto e ao abono das bonificacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poida efectuar o Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 6ª (control) do citado convenio de colaboración.

e) Os pagamentos correspondentes á axuda concedida e xustificada polo beneficiario realizaranse a través da entidade financeira prestamista, polo que a entidade financeira deberá facilitar o número de conta onde se van efectuar. A entidade financeira ten a obriga de destinar o importe da axuda recibida para o titular á amortización anticipada do principal da operación financeira e a non cobrar ningunha comisión pola dita amortización e, unha vez aplicada, presentar no Igape, no prazo de 30 días, certificación acreditativa da amortización do principal do préstamo.

Ademais, o Igape pode solicitar ás entidades financeiras, previamente ou con posterioridade ao pagamento da axuda, a documentación complementaria necesaria para acreditar o cumprimento adecuado da finalidade da axuda concedida, así como outra información para os efectos estatísticos e unha correcta imputación contable ao peche do exercicio.

f) A entidade de crédito asinante do convenio obrígase, segundo o establecido no artigo 13.2.k) e no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a reintegrar o importe da subvención no suposto de que incumpran o seu deber de aplicar a subvención á amortización anticipada do principal do préstamo ou de remitir ao Igape a certificación acreditativa da amortización anticipada.

As SGR realizarán por conta do Igape as seguintes actuacións:

a) Colaborar na difusión do programa de axudas do Igape entre os seus clientes, dando a coñecer as axudas nas súas sucursais, mostrando a publicidade facilitada polo Igape e dando información axeitada aos solicitantes que llo requiran.

b) Colaborar cos beneficiarios na tramitación das solicitudes de axuda ao Igape, tanto cubrindo os formularios como na tramitación das solicitudes, ou formulando ao Igape as dúbidas que lles presenten os solicitantes.

c) Remitir ao Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación achegada polo beneficiario, relativa á formalización da operación financeira avalada pola SGR.

d) Comunicar ao Igape as persoas autorizadas para o acceso á extranet de entidades colaboradoras para poder consultar a situación das solicitudes, as cales serán o contacto para xestionar calquera dúbida ou aclaración que se precise.

2. O Igape convidará a adherirse ao convenio de colaboración, no cal se regulen os compromisos das partes, a todas aquelas entidades financeiras e SGR que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan acreditada a súa solvencia. Acreditarase tanto se a operación se formaliza con fondos ICO ou con fondos propios, mediante certificado do Instituto de Crédito Oficial, de ter subscrito o correspondente contrato de financiamento para o ano 2017, mediante o cal se autoriza para a xestión dos fondos do Instituto de Crédito Oficial, que a axencia financeira do Estado canaliza ás pemes mediante a fórmula de mediación a través das entidades de crédito.

b) Que presenten declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade colaboradora no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asumindo as obrigas do artigo 12 do citado texto legal.

3. Formalización da adhesión ao convenio de novas entidades colaboradoras.

As entidades que, cumprindo as anteriores condicións, non fosen invitadas, poderán instar a súa adhesión ante o Igape. A adhesión formalizarase mediante a sinatura, por parte de apoderado con facultades suficientes, da declaración que se xunta como anexo IV a estas bases, que se deberá presentar a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. O Igape daralles conta ao resto das entidades adheridas da existencia de cada novo partícipe no convenio.

O prazo para solicitar a adhesión iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de setembro de 2017.

4. Non se prevé a constitución de garantía por parte das entidades colaboradoras.

5. As entidades colaboradoras adheridas ao convenio relaciónanse no anexo V a estas bases. A incorporación de novas entidades tamén será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 20. Compensación ás SGR

O Igape aboará ás sociedades de garantía recíproca colaboradoras neste programa en concepto das compensacións establecidas no artigo 13.2.m) da Lei 9/2007, de subvencións, un 3,25 % do principal dos préstamos formalizados que conten con resolución de concesión do Igape. O convenio de colaboración que para tal efecto se subscriba regulará o procedemento de liquidación e o destino desa achega.

Artigo 21. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación destas bases reguladoras, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Beneficiarios-terceiros, cuxo obxecto, entre outras finalidades, é xestionar estas bases reguladoras, así como para informar ás persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é o Igape, que no ámbito das súas respectivas competencias cederá os datos á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a resolución do expediente administrativo, así como aos outros órganos especificados nestas mesmas bases reguladoras para a súa tramitación. O solicitante faise responsable da veracidade de todos eles e declara ter o consentimento das terceiras persoas cuxos datos poida ser necesario achegar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Igape, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd@igape.es.

Artigo 22. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro); no regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño); e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro); no contrato de financiamento subscrito entre o Instituto de Crédito Oficial e as entidades de crédito (liñas ICO 2017), no convenio de colaboración Igape-EE.FF-SGR e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ANEXO II
Actividades incentivables-CNAE 2009

Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos
e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais
a 25.000 € (liña microempresas)

Sección

CNAE

Actividade

Observacións

Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca

01

Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas

Agás 01.15 e 01.70

 

02

Silvicultura e explotación forestal

 

 

03

Pesca e acuicultura

Industrias extractivas

08

Outras industrias extractivas

09

Actividades de apoio ás industrias extractivas

Industria manufactureira

10

Industria da alimentación

 

 

11

Fabricación de bebidas

 

 

13

Industria téxtil

 

 

14

Confección de prendas de vestir

 

 

15

Industria do coiro e do calzado

 

 

16

Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría

 

 

17

Industria do papel

 

 

18

Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

 

 

20

Industria química

 

 

21

Fabricación de produtos farmacéuticos

 

 

22

Fabricación de produtos de caucho e plásticos

 

 

23

Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

 

 

24

Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes

 

 

25

Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento

 

 

26

Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

 

 

27

Fabricación de material e equipamento eléctrico

 

 

28

Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.o.p

 

 

29

Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques

 

 

30

Fabricación doutro material de transporte

 

 

31

Fabricación de mobles

 

 

32

Outras industrias manufactureiras

 

 

33

Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

 

Subministración de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación

38

Recollida, tratamento e xestión de residuos; valorización

 

39

Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos

Construción

43

Actividades de construción especializada

Comercio

45

Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas

 

 

47

Comercio retallista, agás vehículos de motor e motocicletas

 

Transporte e almacenamento

49

Transporte terrestre e por tubaxe

Agás vehículos de transporte no sector transporte de mercadorías por estrada

 

50

Transporte marítimo e por vías navegables interiores

 

 

51

Transporte aéreo

 

52

Almacenamento e actividades anexas ao transporte

 

Hostalaría

55

Servizos de aloxamento

 

 

56

Servizos de comidas de bebidas

Información e comunicacións

58

Edición

 

 

59

Actividades cinematográficas, de vídeo e programas de televisión, gravación de son e edición musical

 

 

60

Actividades de programación e emisión de radio e televisión

 

 

61

Telecomunicacións

 

 

62

Programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática

 

 

63

Servizos de información

 

Investigación e desenvolvemento

72

Investigación e desenvolvemento

 

73

Publicidade e estudos de mercado

 

 

74

Outras actividades profesionais, científicas e técnicas

 

75

Actividades veterinarias

Actividades administrativas e servizos auxiliares

77

Actividades de alugamento

 

 

78

Actividades relacionadas co emprego

 

79

Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con eles

80

Actividades de seguridade e investigación

81

Servizos a edificios e actividades de xardinaría

82

Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares ás empresas

87

Asistencia en establecementos residenciais

88

Actividades de servizos sociais sen aloxamento

90

Actividades de creación, artísticas e espectáculos

91

Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais

93

Actividades deportivas, recreativas e de entretemento

 

95

Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico

 

96

Outros servizos persoais

ANEXO V
Relación de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas

Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos
e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais
a 25.000 € (liña microempresas)

Caixas

Bancos

SGR

– Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega

– Banco Popular Español, S.A.

– Banco Pastor, S.A.

– Banco Caixa Geral, S.A.

– Bankinter, S.A.

– Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

– CaixaBank, S.A.

– Abanca Corporación Bancaria, S.A.

– Afianzamientos de Galicia, Sociedad de Garantía Recíproca (Afigal, SGR)

– Sociedad de Garantía Recíproca de la Pequeña y Mediana Empresa de Pontevedra y Ourense (Sogarpo, SGR)

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file