Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36324

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de oferta de emprego público de 2017.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 10 de xullo de 2017, aprobou por delegación da Alcaldía (Decreto do 18 de xuño de 2015), a oferta de emprego público de 2017 do Concello de Monforte de Lemos, de acordo coa normativa para o efecto.

Segundo o disposto no artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, procédese á publicación da oferta de emprego público do exercicio de 2017, constituída polas seguintes prazas:

Persoal funcionario:

Escala de Administración especial. Subescala de Servizos Especiais. Clase: Policía Local e auxiliares.

Corpo

Escala

Categoría

Vacantes

Grupo

Policía Local

Executiva

Inspector

1

A2

Policía Local

Básica

Policía

1

C1

Monforte de Lemos, 10 de xullo de 2017

José Tomé Roca
Alcalde