Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36988

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por grupos de beneficiarios, recollidos na Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 30 de marzo de 2017, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 74, do 18 de abril, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 %.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (18.5.2017), nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao esperado, mentres que noutros o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, polo que compre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e ampliar o crédito orzamentario para así poder atender todas as solicitudes.

O artigo 3.2 das bases reguladoras, relativo ao financiamento, prevé unha dotación inicial de 4.500.000,00 €, e no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

O artigo 31 do Decreto 11/2009, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible, e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos maximizando o impulso das enerxías renovables e atendendo a totalidade das solicitudes en cada unha das epígrafes da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria na contía de 1.329.360,20 €, polo que o importe total asignado para estas axudas tras esta ampliación ascende a 5.829.360,20 €.

Segundo. Ampliados os fondos destinados ás subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, estes redistribúense en función do volume de solicitudes do seguinte xeito:

Axudas a proxectos de redes de distribución de calor con biomasa

Orzamento inicial

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2017

Anualidade 2018

Total (€)

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

1.333.173,89

165.310,31

1.498.484,20

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

897.912,81

111.338,99

1.009.251,80

Empresas

09.A2.733A.770.5

1.772.480,72

219.783,28

1.992.264,00

Total

4.003.567,42

496.432,58

4.500.000,00

Modificacións

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2017

Anualidade 2018

Total (€)

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

-890.345,29

-128.138,91

-1.018.484,20

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

690.931,84

22.029,95

712.961,79

Empresas

09.A2.733A.770.5

1.528.773,65

106.108,96

1.634.882,61

Total

1.329.360,20

0,00

1.329.360,20

Orzamento final

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2017

Anualidade 2018

Total (€)

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

442.828,60

37.171,40

480.000,00

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

1.588.844,65

133.368,94

1.722.213,59

Empresas

09.A2.733A.770.5

3.301.254,37

325.892,24

3.627.146,61

Total

5.332.927,62

496.432,58

5.829.360,20

Terceiro. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 31 xullo de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia