Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38084

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de agosto de 2017 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da directora da Axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 3 de agosto de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, debido as súas necesidades funcionais e organizativas.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de agosto de 2017, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

presidencia.pdf
presidencia.pdf

CÓDIGO -

DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C

CONCURSO

CÓDIGO -

DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2005

ENXEÑARÍA INDUSTRIAL

CÓDIGO -

DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG

ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO -

DESCRICIÓN DAS ÁREAS FUNCIONAIS

ECO

ECONÓMICO-ORZAMENTARIA