Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 37994

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de xullo de 2017 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de xullo de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais, e para adaptala á Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

SA.C02.00.003.15770.003

Servizo de Xestión de Proxectos de Sistemas de Información

• Especial responsabilidade por garantir a protección dos datos persoais.

SA.C02.00.003.15770.004

Servizo de Soporte de Implantación

SA.C02.00.003.15770.005

Servizo de Infraestruturas de Arquitecturas Tecnolóxicas

SA.S05.00.001.15770.031

Servizo de Xestión e Coordinación do Expediente Profesional Electrónico

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de xullo de 2017, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Ámbito territorial dos servizos veterinarios oficiais de saúde pública da Consellería de Sanidade

Provincia

Zona

Comarcas

Concellos

A Coruña

A Coruña

A Coruña

Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Cerceda, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Oleiros, Sada

Betanzos

Abegondo, Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior

Carballo

Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Zas

Ferrol

Ferrol

Ares, Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño

Ortigueira

Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Ortigueira

Noia

Boiro

Boiro, Rianxo

Noia

Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son

Ribeira

APobra do Caramiñal, Ribeira

Vimianzo

Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Mazaricos, Muxía, Vimianzo

Santiago

Arzúa

Arzúa, Boimorto, Touro, Vilasantar

Melide

Melide, Santiso, Sobrado, Toques

Ordes

Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo

Santiago

Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Dodro, Negreira, Padrón, O Pino, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra

Lugo

Burela

Cervo-Burela

Alfoz, Burela, Cervo, Foz, O Valadouro, Xove

Mondoñedo

Mondoñedo, Lourenzá

Ribadeo

Barreiros, Ribadeo, Trabada

Viveiro

Ourol, O Vicedo, Viveiro

Lugo

Becerreá

Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro

A Fonsagrada

A Fonsagrada, Negueira de Muñiz

Lugo

Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guitiriz, Guntín, Lugo, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Portomarín, Rábade, Taboada

Meira

Meira, A Pastoriza, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Riotorto

Sarria

O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela

Vilalba

Abadín, Cospeito, Muras, Vilalba, Xermade

Monforte

Chantada

Carballedo, Chantada

Monforte

Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober

Quiroga

Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil

Ourense

O Barco

A Pobra de Trives

Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río

O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras

Ourense

Carballiño

Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea

Celanova

Bande, A Bola, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, A Merca, Muíños, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea

Ourense

Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Castro Caldelas, Coles, Esgos, Maceda, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, A Teixeira, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo

Ribadavia

A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Padrenda, Pontedeva, Ribadavia

Verín

Verín

Baltar, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós, Vilariño de Conso,

Xinzo de Limia

Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia

Pontevedra

Lalín

A Estrada

Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Pontecesures, Valga

Lalín

Dozón, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces

Pontevedra

Cangas

Cangas, Moaña

Marín

Bueu, Marín

Pontevedra

Barro, Campo Lameiro, A Lama, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior, Vilaboa

Sanxenxo

O Grove, Meaño, Sanxenxo

Vilagarcía

Caldas de Reis, Cambados, Catoira, A Illa de Arousa, Meis, Portas, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa

O Porriño

A Cañiza

Arbo, A Cañiza, Crecente.

Ponteareas

O Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño

O Porriño

Mos, O Porriño, Salceda de Caselas

Tui

A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui

Val Miñor

Baiona, Gondomar, Nigrán, Oia

Vigo

Redondela

Redondela, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén

Vigo

Vigo