Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo para o deseño e execución das actuacións previstas no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia (Priga) 2016-2022 para os anos 2017 e 2018, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es.

7º. Dirección da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=188065.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 14/2017 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o deseño e execución das actuacións previstas no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia (Priga) 2016-2022 para os anos  017 e 2018.

c) División por lotes e número: si. 8 lotes: número 1.1. do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: número 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90710000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 1.470.494,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.470.494,00 €. Lote 1: 292.810,00 €. Lote 2: 123.966,00 €. Lote 3: 82.644,00 €. Lote 4: 123.966,00 €. Lote 5: 123.966,00 €. Lote 6: 239.670,00 €. Lote 7: 243.802,00 €. Lote 8: 239.670,00 €. Importe total: 1.779.297,74 €: Lote 1: 354.300,10 €. Lote 2: 149.998,86 €. Lote 3: 99.999,24 €. Lote 4: 149.998,86 €. Lote 5: 149.998,86 €. Lote 6: 290.000,70 €. Lote 7: 295.000,42 €. Lote 8: 290.000,70 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación , excluído o IVE.

7. Subcontratación: número 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 12 de setembro de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública

b) Enderezo: r/ San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 3 de agosto de 2017.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio