Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 39035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizo, por lotes separados, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, do servizo consistente na limpeza das dependencias do Instituto en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra (expediente IGVS02-17).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza das dependencias do IGVS en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra.

b) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: multicriterio, por lotes separados.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Santiago de Compostela.

a) Importe neto: douscentos oitenta e un mil trescentos oitenta e nove euros (281.389 €).

b) IVE (21 %): cincuenta e nove mil noventa e un euros con sesenta e nove céntimos (59.091,69 €).

c) Importe total: trescentos corenta mil catrocentos oitenta euros con sesenta e nove céntimos (340.480,69 €).

Lote 2. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Lugo.

a) Importe neto: sesenta e sete mil seiscentos vinte e catro euros con vinte e sete céntimos (67.624,27 €).

b) IVE (21 %): catorce mil douscentos un euros con dez céntimos (14.201,10 €).

c) Importe total: oitenta e un mil oitocentos vinte e cinco euros con trinta e sete céntimos (81.825,37 €).

Lote 3. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Ourense.

a) Importe neto: cincuenta e tres mil catrocentos oitenta e dous euros con vinte céntimos (53.482,20 €).

b) IVE (21 %): once mil douscentos trinta e un euros con vinte e seis céntimos (11.231,26 €).

c) Importe total: sesenta e catro mil setecentos trece euros con corenta e seis céntimos (64.713,46 €).

Lote 4. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Pontevedra.

a) Importe neto: cento dez mil cento vinte e oito euros con vinte céntimos (110.128,20 €).

b) IVE (21 %): vinte e tres mil cento vinte e seis euros con noventa e dous céntimos (23.126,92 €).

c) Importe total: cento trinta e tres mil douscentos cincuenta e cinco euros con doce céntimos (133.255,12€).

Importe total:

a) Importe neto: cincocentos doce mil seiscentos vinte e tres euros con sesenta e sete céntimos (512.623,67 €).

b) IVE (21 %): cento sete mil seiscentos cincuenta euros con noventa e sete céntimos (107.650,97 €).

c) Importe total: seiscentos vinte mil douscentos setenta e catro euros con sesenta e catro céntimos (620.274,64 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

Non se exixe clasificación. As probas da solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional efectuaranse polos medios precisados no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación:

O PCAP e o prego de prescricións técnicas polos que se rexe a contratación poderán obterse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación, na sede dos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina de internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=187769. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do día 8 de setembro de 2017.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B (documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante fórmulas e que dependan dun xuízo de valor) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, no lugar e na data que serán anunciados no perfil do contratante, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa.

O acto público de apertura do sobre C (documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, no lugar e na data que serán anunciados, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gasto do anuncio:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario de cada lote.

11. Data de envío do presente anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo