Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39695

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.

O artigo I da Declaración de Nacións Unidas sobre a Eliminación da violencia contra as mulleres, de 1993, achegou unha definición de violencia de xénero que segue a ser pertinente no momento actual: «todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter coma resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública coma na privada».

A violencia de xénero maniféstase de moi diversas formas, en todas as culturas e países, en todas as clases sociais e en todas as idades. Así o reflicten as estatísticas, que amosan unha parte pequena, mais gravísima, da magnitude total da violencia exercida contra as mulleres. A violencia cotiá contra as mulleres estivo durante séculos naturalizada e normalizada, polo que se mantiña silenciada e aínda hoxe, a pesar de situarse no centro da preocupación social e política, é un fenómeno estrutural e global que constitúe un problema sociopolítico de primeira magnitude, que como tal debe ser tratado, e no que a sociedade debe asumir o compromiso de loitar de xeito conxunto a prol da súa erradicación. O compromiso da Administración debe ser articular unha resposta global á problemática da violencia de xénero en calquera das súas modalidades e consecuencias a través dunha asistencia integral ás mulleres vítimas e ás persoas ao seu cargo, así como fortalecendo a prevención para avanzar na paulatina redución desta lacra social ata a súa erradicación.

As vítimas de violencia de xénero precisan dotarse das ferramentas necesarias para incorporarse ao mundo laboral e obter independencia económica, no caso de que esta non existise. Así, as administracións débense dotar dos mecanismos necesarios para facilitarlles esa integración social e laboral, e nesa obriga se enmarca a presente resolución, que ten como obxectivo primeiro o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para a súa recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia.

Pola súa banda, a Unión Europea ten entre os seus obxectivos prioritarios a eliminación das desigualdades entre homes e mulleres desde a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam que recolle o compromiso formal de considerar a igualdade entre homes e mulleres como un obxectivo horizontal chamado a integrar a totalidade das políticas da Comunidade. Este compromiso veuse articulando a través de diferentes directivas e resolucións do Consello relativas á aplicación do principio de igualdade de trato nos diferentes ámbitos. Así mesmo, a normativa reguladora dos fondos europeos tamén recolle de forma constante a referencia a este compromiso. De feito, na regulamentación actual do FSE tamén se fai mención expresa á necesidade de que a execución das prioridades financiadas polo FSE deben contribuír a loitar contra a discriminación por razón de sexo, recollendo entre as súas prioridades de investimento a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos, incluídos o acceso ao emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada, e a promoción de igual remuneración por igual traballo, así como a loita contra todas as formas de discriminación e a promoción da igualdade de oportunidades.

Tamén a Estratexia Europa 2020, por un crecemento intelixente sustentable e integrador, destaca a necesidade de desenvolver políticas que promovan a igualdade entre sexos co fin de incrementar a participación da poboación laboral, contribuíndo así ao crecemento e á cohesión social.

A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo, recolle actuacións destinadas a achegar a toda a sociedade, e principalmente ás vítimas, unha necesaria resposta que garanta a seguridade e a recuperación integral das mulleres e das persoas que dela dependen, potenciando instrumentos de prevención e sensibilización e articulando os mecanismos necesarios para prestar un atención integral ás mulleres que sofren violencia de xénero.

As mulleres que viven ou viviron situacións de violencia de xénero precisan dotarse das ferramentas necesarias para incorporarse ao mundo laboral e obter independencia económica, no caso de que esta non existise, polo que desde as administracións temos a obriga de articular os mecanismos necesarios para facilitarlles esa integración social e laboral.

Nesa obriga enmárcase a presente resolución, que ten como obxectivo primeiro o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para a súa recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta, en moitas ocasións, a ruptura da situación de violencia. O acceso ao emprego das mulleres vítimas de violencia de xénero representa un paso fundamental para lograr unha maior autonomía e aumento da autoestima, ao acadar a independencia económica contribuíndo a lograr a súa plena integración na vida económica e social.

Esta resolución de convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, enmárcase no programa operativo FSE Galicia para o período 2014-2020, e dáse debido cumprimento á normativa aplicable, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello.

Segundo o establecido no artigo 14 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013, as subvencións e a asistencia reembolsable que se beneficien dunha axuda pública non superior a 50.000 € adoptarán a forma de baremos estándar de custos unitarios, de importes a tanto global ou de financiamento a tipo fixo. Por este motivo incorpórase nesta convocatoria o establecemento de métodos de custo simplificados.

Neste sentido, esta convocatoria está cofinanciada con fondos FSE do programa operativo de Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 9 «promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «loita contra toda forma de discriminación e promoción da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración socio-laboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez, a discriminación múltiple».

Na súa virtude e en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, polo Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, polo Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia e polo Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en que se establece que lle corresponde á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero nos termos establecidos na Constitución; no Estatuto de autonomía de Galicia; na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e na demais lexislación aplicable na materia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2017 e 2018, subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta, en moitas ocasións, a ruptura da situación de violencia.

2. O procedemento para a concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

4. O código deste procedemento administrativo é o SI451A.

Artigo 2. Financiamento

1. Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Para a concesión destas axudas destinaranse 807.352,08 euros imputables á aplicación orzamentaria 05.11.313D.481.02 (código de proxecto 2015 00154), de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2017: 352.352,08 euros.

Ano 2018: 455.000,00 euros.

A presente convocatoria está financiada ao 80 % con fondos FSE do programa operativo de Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9 «promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «loita contra toda forma de discriminación e promoción da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración socio-laboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando, pola súa vez, a discriminación múltiple».

O método de xustificación empregado será o de custos simplificados consonte o disposto no artigo 67 e 68 do Regulamento (UE) 1303/2013 e no artigo 14 do Regulamento (UE) 1304/2013.

3. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Compatibilidade das axudas

As subvencións para as actuacións recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública, ou incentivo á contratación, para as mesmas actuacións.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento das actuacións reguladas nesta convocatoria as entidades sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución e, de xeito particular, deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Carecer de ánimo de lucro.

b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.

c) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

d) Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.

2. Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos programas subvencionados.

Artigo 5. Persoas destinatarias finais

As persoas destinatarias finais dos programas regulados nesta resolución serán as mulleres vítimas de violencia de xénero, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.

Para os efectos desta resolución, entenderase por mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia todas aquelas que tivesen cesado a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 de Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

a) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

b) Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

c) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.

d) Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

e) Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

Terán preferencia, de ser o caso, para incorporación ao programa, as mulleres con orde de protección e/ou medidas cautelares vixentes no momento de incorporación ao programa. Para estes efectos, a Secretaría xeral da Igualdade poderá realizar as comprobacións oportunas segundo os mecanismos que se determine.

Artigo 6. Incorporación das participante ao programa

A Secretaría Xeral da Igualdade e o Servizo Público de Emprego de Galicia, coordinadamente, poderán seleccionar, mediante un procedemento de selección específico para este programa que se regulará mediante instrución, as mulleres en situación de violencia de xénero para a súa incorporación ao programa. A dita instrución farase pública na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Igualmente, as entidades beneficiarias das axudas, así como os centros de información á muller, os centros da Rede galega de acollemento e o Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren violencia de xénero, e calquera outro servizo público que traballe no eido da violencia de xénero poderán propoñer participantes para a súa incorporación ao programa, sempre e cando estas reúnan os requisitos recollidos no artigo 5.

As mulleres finalmente seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e, con carácter xeral, non poderán participar noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación en programas de inserción laboral como o regulado nesta resolución.

Artigo 7. Actuacións e período subvencionables

1. Será subvencionable o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral. Nestes programas establécese de xeito obrigatorio un obxectivo cuantitativo de inserción laboral das mulleres participantes neles, que serán de polo menos o 10 % das participantes, que deberán acadar a súa inserción laboral no período subvencionable, e segundo o disposto no artigo 7.3 e 7.4 desta resolución.

Non obstante, cando a totalidade de mulleres participantes no programa acrediten, ademais da condición de vítima de violencia de xénero, unha situación de discapacidade ou de persoa inmigrante, o obxectivo de inserción será dun 5 %.

Ademais, os programas que se desenvolvan deberán incluír de xeito obrigatorio algunha das actuacións previstas no itinerario de inserción de cada usuaria recollido no punto 2.1 deste artigo, e poderán incluír tamén algunha das outras actuacións previstas nos puntos 2.2 e 2.3 deste artigo.

2. Actuacións dos programas de inserción laboral.

2.1. Itinerario de inserción:

a) Diagnóstico competencial e deseño dun plan de acción personalizado para a busca de emprego para cada participante: entrevista individualizada en profundidade a cada unha das participantes para obter toda a información acerca dos recursos de que dispón, a súas aptitudes e actitudes para o emprego, dispoñibilidade horaria, formación, experiencia laboral, etc.

b) Orientación profesional e asesoramento laboral para o emprego: obradoiros de entrevista, elaboración CV, técnicas de busca de emprego, asesoramento formativo, etc.

c) Busca activa de emprego con acompañamento e seguimento da dita busca, así como seguimento inicial no posto de traballo.

d) Intermediación laboral e contacto con empresas xestionando as posibles ofertas: confección do perfil laboral das participantes coa finalidade de remitilas ás empresas e cubrir posibles ofertas de emprego.

e) Asesoramento/apoio na empresa en prácticas profesionais non laborais ou similar.

f) Prospección de emprego.

g) Seguimento da inserción nas empresas e avaliación do traballo realizado.

h) Outras actuacións dirixidas a incrementar as expectativas de mellora da empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral das mulleres en situación de violencia de xénero.

2.2. Formación para o emprego: terá a finalidade de formar e capacitar as participantes para o seu acceso ao emprego, proporcionándolles unha actualización e mellora das súas competencias profesionais, coñecementos e prácticas, incluídas as accións formativas que teñan como finalidade adquirir as competencias clave, formación lingüística, formación en coaching e/ou intelixencia emocional ou formación relativa ás características da sociedade de acollida no caso de mulleres inmigrantes, así como formación dirixida ao autoemprego e á constitución de cooperativas.

2.3. Actuacións de apoio á conciliación: consistirán na posta á disposición de servizos de atención persoal e/ou familiar, no fogar ou nun recurso comunitario, dirixidos a facilitar a participación das mulleres en situación de violencia de xénero nas accións comprendidas no seu itinerario de inserción socio-laboral segundo o punto 2.1 deste artigo, ou en formación para o emprego segundo punto 2.2 deste artigo.

3. Para os efectos desta resolución, considerarase inserción laboral das mulleres atendidas cando, durante o prazo de execución do programa, sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses, ou inicien durante este mesmo prazo ou dentro dos tres meses inmediatamente posteriores unha actividade por conta propia ou formando parte como socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, por unha duración non inferior a seis meses.

4. Para os efectos desta resolución non se computarán como inserción laboral:

a) As contratacións que se produzan en calquera Administración pública con cargo a subvencións de programas de políticas activas de emprego.

b) As contratacións en empresas con cargo a subvencións de programas de políticas activas de emprego.

c) A contratación das participantes para o desenvolvemento das accións previstas nesta convocatoria 2017-2018.

5. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos ás axudas reguladas na presente resolución será do 1 de setembro de 2017 ao 30 de xuño de 2018.

Artigo 8. Determinación do importe das subvencións

1. Para a determinación do importe das subvencións establécense os seguintes módulos:

a) Módulo para o itinerario de inserción:

Neste módulo, a asignación da subvención será de 20,89 €/hora de traballo efectivo realizado por cada profesional técnico/a titulado/a, ata un máximo de 1.433 horas por profesional, para o período subvencionable de 10 meses, que se corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa. Neste suposto será necesario acreditar durante todo o programa un número mínimo de 25 mulleres participantes, das cales o 60 % (15) deberán ter realizadas, polo menos, seis intervencións presenciais das recollidas no seu itinerario de inserción.

Este número de mulleres atendidas previsto nesta resolución incrementarase ou minorarase proporcionalmente en función do número de horas totais declaradas pola entidade.

b) Módulo para accións de formación para o emprego:

Este módulo comporta para o seu desenvolvemento a presenza de monitorado, e/ou titorización no caso de teleformación, a asignación do módulo será de 24,37 €/hora de traballo efectivo.

Os importes establecidos corresponderán integramente cando teñan dereito á certificación acreditativa pola súa realización un mínimo de cinco participantes. A este respecto entenderase que xeran dereito a certificado acreditativo da realización da acción formativa as participantes que asistisen como mínimo ao 60 % do total das horas de duración da dita acción, ou, no caso de teleformación, que tivesen executado, alomenos, o 60 % dos contidos dentro do período formativo, de ser o caso.

As accións formativas previstas neste módulo de formación para o emprego deberán ter unha duración mínima de 8 horas, e cada acción formativa deberá ser iniciada e finalizada dentro do mesmo período subvencionable (período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de novembro de 2017 ou período comprendido entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018).

c) Módulo para medidas de apoio á conciliación: este módulo terá una asignación de 16,23 €/hora por servizo de conciliación efectivamente prestado.

Artigo 9. Contía das subvencións

1. a) A contía máxima subvencionable para o período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de novembro de 2017 será de 20.000 €.

b) A contía máxima subvencionable para o período comprendido entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018 será de 75.000 €.

2. Ata esgotar o crédito dispoñible, a contía da subvención calcularase aplicando á contía máxima subvencionable para cada período, e sen que en ningún caso se poida superar a contía solicitada, as porcentaxes de intensidade de axuda que se indican a continuación, en función da puntuación obtida na valoración realizada unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 16 desta resolución:

• Entre 100 e 95 puntos: 100 % da contía máxima subvencionable.

• Entre 94 e 85 puntos: 90 % da contía máxima subvencionable.

• Entre 84 e 75 puntos: 80 % da contía máxima subvencionable.

• Entre 74 e 65 puntos: 70 % da contía máxima subvencionable.

• Entre 64 e 55 puntos: 60 % da contía máxima subvencionable.

• Entre 54 e 45 puntos: 50 % da contía máxima subvencionable.

• Entre 44 e 35 puntos: 40 % da contía máxima subvencionable.

• Entre 34 e 25 puntos: 30 % da contía máxima subvencionable.

Non serán beneficiarias desta subvención as entidades que non acaden un mínimo de 25 puntos.

No suposto de esgotar o crédito dispoñible, o resto das solicitudes consideradas subvencionables quedarán en reserva para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou por modificación nos programas inicialmente presentados ou de producirse un incremento do crédito inicialmente dispoñible, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas de resolución.

Así mesmo, no caso de quedar crédito libre despois de adxudicar a contía que corresponda a cada unha das entidades que resulten beneficiarias da subvención, e sempre que non exista lista de espera, poderá repartirse entre elas a partes iguais de xeito que se manteña a proporcionalidade derivada da aplicación dos criterios de baremación, e sen que en ningún caso se poida superar a contía solicitada.

Artigo 10. Gastos subvencionables

Serán subvencionables os gastos derivados do desenvolvemento das actuacións que configuren o programa de atención integral, segundo o disposto no artigo 7, e referidos a gastos directos de persoal e outros gastos directos e gastos indirectos, nos termos establecidos a continuación:

1. Gastos directos: terán esta consideración os que estean directamente relacionados coas actuacións subvencionadas e que se refiran de forma inequívoca e constatable a elas, en particular os seguintes:

a) Gastos de persoal:

1º. Persoal propio da entidade que preste servizos no desenvolvemento do programa de inserción laboral obxecto desta subvención, e que realice atención directa ás mulleres usuarias, segundo o previsto no artigo 7.2.1 desta resolución. Serán subvencionables as retribucións totais correspondentes á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha asignación previa de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita actuación coma no caso de dedicación parcial, garantindo sempre a súa xustificación documental.

2º. Traballadoras/es por conta propia para a realización de actuacións ou a prestación de servizos ou funcións relacionados coa finalidade do programa, logo de asignación de funcións, segundo o previsto no artigo 7.2.1 desta resolución. Deberá quedar suficiente xustificación documental da actuación que se subvenciona e do tempo de dedicación a dita actuación.

3º. Traballadores/as por conta propia con contrato para a realización de actividades de formación previstas no artigo 7.2.2.

4º. Só serán imputables as horas efectivamente traballadas dedicadas ao desenvolvemento do programa de inserción laboral obxecto desta subvención, e realizadas por profesionais técnicos/as, titulados/as, adscritos/as a el.

b) Outros gastos directos:

• Gastos de seguros destinados a cubrir continxencias de risco derivadas da actuación subvencionada, segundo calquera das previstas no artigo 7, incluídos os gastos de seguros de accidentes do alumnado.

• Axudas de custo e gastos de locomoción do persoal que desenvolve as actuacións, necesarias para a súa realización.

• Bolsas ás mulleres beneficiarias do programa pola súa participación nas accións formativas desenvolvidas dentro do seu itinerario e/ou pola realización de prácticas non laborais.

• Aluguamento de maquinaria específica para o desenvolvemento de accións de formación.

2. Gastos indirectos: terán a dita consideración os gastos correntes que non se correspondan en exclusiva ás actuacións subvencionadas por ter carácter estrutural pero que resulten necesarios para o seu desenvolvemento:

• Gastos indirectos de persoal.

• Gastos en bens consumibles e en material funxible.

• Gastos de alugamento e de mantemento de instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, internet, electricidade, limpeza e seguridade).

3. En todo caso, as actuacións que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, no Regulamento (UE) 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1081/2006, do Consello, na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

4. Para os efectos destas axudas non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

5. Para os efectos desta resolución, non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior non se considerarán como gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionados con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

Cando, de acordo co disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o importe de cada un dos gastos subvencionables supere os 18.000 €, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso da obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

6. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionalidade dos gastos serán resoltas pola Secretaría Xeral da Igualdade por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

Artigo 11. Prazo e solicitude

1. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

6. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.

Artigo 12. Documentación

1. A solicitude da subvención deberá presentarse no modelo que figura como anexo I desta resolución, debidamente cuberto e asinado pola persoa que ten a representación da entidade solicitante, xunto coa seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade.

Quedarán exentas de presentar esta documentación as entidades inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, agás que a representación se atribúa a persoa distinta á designada en dito rexistro.

b) Copia do DNI/NIE da persoa representante da entidade, no caso de denegar expresamente a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

c) Copia do NIF da entidade solicitante no caso de denegar expresamente a súa consulta.

d) Memoria da entidade (anexo II) que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.

e) Memoria descritiva de actuacións (anexo III) que deberá conter, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.

f) Certificación emitida polo órgano responsable da entidade, en que figure o compromiso de asignar os medios materiais e humanos necesarios para garantir o axeitado desenvolvemento das actuacións previstas no artigo 7 desta resolución e de acordo co indicado no anexo III (memoria descritiva de actuacións que se van desenvolver), segundo o modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

g) Acreditación documental suficiente e detallada da experiencia da entidade na realización e desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 16.1.1, de ser o caso.

h) Documentación acreditativa do compromiso de contratación a que se refire o artigo 16.1.2, asinada pola empresa ou empresas correspondentes, de ser o caso, segundo o modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

i) Acreditación documental suficiente de que a entidade solicitante é promotora ou traballa en coordinación cunha empresa de inserción laboral (EIL) debidamente inscrita no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia, se é o caso.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos corresponde á Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, en calquera fase do procedemento poderáselle requirir á entidade solicitante que achegue a información e documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación, seguimento e comprobación da solicitude presentada.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión de valoración.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nesta resolución ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non admisión, na cal se indicarán as causas desta. En todo caso, non se admitirán a trámite, procedéndose ao seu arquivo sen posibilidade de emenda, as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido.

Artigo 15. Comisión de valoración

1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, crearase unha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes e de emitir o correspondente informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada, indicando a puntuación e a axuda aplicable en cada caso.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

• Presidente/a: a persoa titular da Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero.

• Vogais: a persoa titular da xefatura do Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas, a persoa titular da xefatura do Servizo de Fomento, a persoa titular da xefatura do Servizo de Apoio Técnico-Administrativo da Secretaría xeral da Igualdade e a persoa titular da xefatura do Servizo de Intermediación da Dirección xeral de Orientación e Promoción Laboral da Secretaría xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

• Secretario/a, con voz pero sen voto, un/unha funcionario/a da Secretaría xeral da Igualdade, por proposta da persoa titular da Presidencia.

Se, por calquera causa, algunha das persoas compoñentes da comisión de valoración non pode asistir cando esta se reúna para o exame das solicitudes, será substituída pola/o funcionaria/o designada/o para o efecto polo seu presidente/a.

3. A comisión de valoración poderá requirir ás entidades solicitantes das subvencións a información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración teña fundamental relevancia e relación directa para unha mellor valoración das solicitudes.

4. Unha vez avaliados os expedientes segundo os criterios de valoración establecidos nesta resolución, a comisión de valoración emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou a denegación da axuda solicitada, propoñendo a concesión da subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponda ata esgotar o crédito.

5. No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que non se inclúen na proposta anterior por terse esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas no suposto de que quedase crédito libre por producirse algunha renuncia, ou por modificación nos programas inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado nesta base.

Artigo 16. Criterios de valoración

1. A comisión valorará os expedientes segundo os seguintes criterios:

1º. Pola experiencia da entidade na realización e desenvolvemento de programas de inserción laboral nos últimos 7 anos: ata 17 puntos coa seguinte desagregación:

– Experiencia da entidade na realización e desenvolvemento de programas específicos de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero: 2 puntos por ano, ata un máximo de 12 puntos, sempre que o programa de desenvolvera en cada anualidade durante un período ininterrompido de tres meses.

– Experiencia da entidade na realización e desenvolvemento de programas específicos de inserción laboral con outros colectivos: 1 punto por ano, ata un máximo de 5 puntos, sempre que o programa se desenvolvese en cada anualidade durante un período ininterrompido de tres meses.

2º. Pola existencia e presentación dun compromiso de contratación asinado por unha empresa: ata 7 puntos co seguinte desglose:

– Presentación dun compromiso de contratación asinado por unha empresa: 2 puntos.

– Presentación dun compromiso de contratación asinado por dúas ou máis empresas: 7 puntos.

3º. Polo compromiso de realización de prácticas non laborais en empresa das participantes neste programa de inserción laboral para mulleres en situación de violencia de xénero, asinado pola persoa responsable da entidade solicitante: ata 15 puntos coa seguinte desagregación:

– Compromiso de realización de prácticas non laborais de entre o 20 % e o 40 % das participantes no programa: 5 puntos.

– Compromiso de realización de prácticas non laborais de entre o 41 % e o 60 % das participantes no programa: 10 puntos.

– Compromiso de realización de prácticas non laborais de máis do 60 % das participantes no programa: 15 puntos.

4º. Pola acreditación documental de que a entidade solicitante é promotora ou traballa en coordinación cunha empresa de inserción laboral (EIL), debidamente inscrita no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia: 5 puntos.

5º. Polo carácter integral do programa presentado, con respecto ás actuacións establecidas no artigo 7 desta convocatoria: ata 18 puntos, coa seguinte desagregación:

– Obxectivos propostos pola entidade solicitante en relación coa mellora da situación persoal e laboral das persoas usuarias, con respecto ás actuacións establecidas no artigo 7: ata 10 puntos.

– Carácter innovador das actuacións que desenvolverá a entidade solicitante, segundo as recollidas no artigo 7, con respecto a outras propostas desta convocatoria: ata 8 puntos.

6º. Obxectivos comprometidos en materia de inserción laboral no mercado de traballo das mulleres vítimas da violencia de xénero participantes no programa, sempre que sexan superiores aos mínimos establecidos no artigo 7: ata 25 puntos, segundo a seguinte escala:

– 11 %: 6 puntos.

– 12 %: 7 puntos.

– 13 %: 8 puntos.

– 14 %: 9 puntos.

– 15 %: 10 puntos.

– 16 %: 11 puntos.

– 17 %: 12 puntos.

– 18 %: 13 puntos.

– 19 %: 14 puntos.

– 20 %: 15 puntos.

– 21 % ou máis: 25 puntos.

7º. Polo cumprimento do obxectivo de inserción establecido no Programa de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero desenvolvido ao abeiro da convocatoria para os anos 2016 e 2017: 7 puntos.

8º. Pola inscrición da entidade solicitante na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia: 3 puntos.

9º. Pola inscrición da entidade solicitante no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria: 3 puntos.

A puntuación máxima total será de 100 puntos, e será preciso acadar unha puntuación mínima de 25 puntos para poder resultar beneficiaria desta subvención.

2. No caso de empate na puntuación, cando algunha solicitude quede na lista de espera, o desempate establecerase en función das puntuacións máis altas segundo as epígrafes parciais dos criterios recollidos neste artigo, empezando polo punto 1 e, se persiste o empate, o desempate establecerase pola data e hora de presentación da solicitude.

Artigo 17. Resolución e notificación

1. A resolución destas subvencións correspóndelle á secretaria xeral da Igualdade, de acordo co establecido na disposición adicional segunda do Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo da fiscalización da proposta do órgano instrutor pola intervención delegada.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, esta entenderase desestimada.

3. Na notificación da resolución da subvención comunicarase ao beneficiario o financiamento con cargo ao Fondo Social Europeo con concreción do eixe, obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico e porcentaxe de cofinanciación de que se trate.

Os titulares de solicitudes aprobadas serán informados de que a resolución implica a súa inclusión na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello do 17 de decembro.

Así mesmo, na resolución de concesión estableceranse as condicións da axuda ás cales quedan sometidos os beneficiarios derivadas da aceptación da subvención, en especial, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución.

4. Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación, comprometéndose a executar o programa ou actuación subvencionado no prazo e condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

5. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e segundo o seguinte:

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos de posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

As entidades están obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se a notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

6. A notificación da resolución de concesión de axuda realizarase conforme o disposto nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 18. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente resolución poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación, se esta for expresa, ou seis meses a partir do día seguinte ao que se produza o acto presunto.

Artigo 19. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención por instancia da entidade beneficiaria, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Estas bases habilitan para aprobar, nos supostos que proceda, as modificacións atendendo aos obxectivos e requisitos da convocatoria e demais normativa de aplicación.

Artigo 20. Obrigas das entidades subvencionadas

As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas nesta resolución e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, en particular, as seguintes:

1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención dentro do período e prazos establecidos nesta convocatoria, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

2. Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado que permita unha pista de auditoría suficiente, respecto dos ingresos da axuda percibida, e conservar toda a documentación relativa á subvención, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

3. Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do programa, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello. Así, en todo tipo de publicidade e información relativos ás actuacións subvencionadas, terá que constar a condición de subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Fondo Social Europeo 2014/2020.

En todo caso, nos espazos de atención ás usuarias e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea e coa referencia ao Fondo Social Europeo e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o programa e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada. As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento (UE) núm. 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo.

4. Informar, de ser o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e polo FSE, así como dos obxectivos dos fondos, figurando os emblemas de ambos os organismos, como mínimo, nos seguintes documentos, de ser o caso:

– Partes de asistencia e/ou de participación.

– Enquisas de avaliación.

– Certificados de asistencia.

5. Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal, en concreto, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e o seu regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. Os datos de carácter persoal das persoas usuarias ou participantes nas actuacións subvencionadas incorporaranse aos ficheiros de datos de carácter persoal a que se refire o artigo 27 desta resolución. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos de carácter persoal, sendo a entidade beneficiaria da axuda a responsable de solicitar e custodiar a dita documentación.

6. Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiarias ás fórmulas que, de ser o caso, propoña a Secretaría Xeral da Igualdade, realizando as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. Os indicadores de produtividade refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación da participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao día posterior á finalización da súa vinculación coa operación. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación da participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado ao longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitado ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación PARTICIPA1420.

7. As entidades subvencionadas deberán axustarse na execución das actuacións aos obxectivos que, de ser o caso, estableza a Secretaría Xeral da Igualdade. En particular e coa periodicidade coa que sexa requirida, deberá comunicarlle á Secretaría Xeral da Igualdade o cumprimento das accións subvencionadas por parte das persoas participantes, comunicación en que se fará constar toda a información precisa para dar cumprimento aos requisitos de información asociados aos indicadores de produtividade e de resultados do FSE. En particular e con respecto ás persoas participantes, solicitará información sobre os indicadores de produtividade e de resultado para FSE. Para a acreditación deste aspecto, a entidade deberá requirir e custodiar unha declaración das persoas participantes e outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Secretaría Xeral da Igualdade.

8. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e/ou a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

9. Facilitar toda a información requirida pola Secretaría Xeral da Igualdade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro, comprensivas de verificacións administrativas ou sobre o terreo, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

10. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas con Fondo Social Europeo, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE, que incluirán as oportunas visitas sobre o terreo.

11. Contratar un seguro de cobertura de accidentes para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades como os dos desprazamentos para a asistencia a elas.

12. Controlar a asistencia as accións formativas que se realicen, e garantir que as persoas propostas para a certificación acreditativa da realización das ditas accións teñan asistido, como mínimo, ao 60 % do total das súas horas.

13. Reintegrar os fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

14. Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta resolución e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 21. Prazo e xustificación da subvención

1. As medidas e actuacións correspondentes a estes programas xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigo 67.1.b) e d) e 68.2 do Regulamento (UE) 1303/2013 e no artigo 14.2 do Regulamento (UE) 1304/2013.

2. As entidades beneficiarias deberán xustificar cada período (artigo 9.1.a) e 9.1.b), de xeito independente.

3. A xustificación correspondente a 2017 comprenderá as actuacións realizadas ata o 30 de novembro e presentarase con data límite do 5 de decembro de 2017, sempre que non se opoña ao que se estableza na orde da Consellería de Facenda que regule as operacións de cerramento do exercicio, mediante a presentación dun informe de seguimento integrado polos seguintes documentos:

3.1. Solicitude de pagamento do primeiro período asinada pola persoa que ten a representación da entidade, na cal se deberá facer constar de modo expreso o cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, así como o custo de persoal segundo as horas efectivamente traballadas dedicadas ao programa obxecto desta subvención (anexo IV).

3.2. Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (anexo VI).

3.3. Declaración complementaria e actualizada na data da xustificación de todas as axudas ou subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma actuación, das distintas administracións públicas ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais ou, se é o caso, declaración de que non se solicitaron outras axudas ou subvencións (anexo VII).

3.4. Ficha individualizada de cada unha das persoas atendidas cos indicadores de produtividade, asinada pola participante e pola persoa responsable da entidade, segundo o modelo que poden descargar na aplicación PARTICIPA 1420.

Non serán computables as persoas que non se identifiquen e para as cales non consten debidamente cubertas as referidas fichas de atención individualizada.

3.5. Para a xustificación do Módulo para o itinerario de inserción:

a) Certificación dos custos directos de persoal referidos a cada unha das persoas profesionais, con indicación do tipo de relación ou vinculación coa entidade solicitante, o número de horas efectivamente traballadas referidas ás actuacións vinculadas ao programa obxecto desta subvención. Segundo o modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

b) Follas mensuais das horas totais efectivamente traballadas e das horas efectivamente dedicadas a este programa, do persoal dedicado a este programa, asinadas pola persoa traballadora e pola persoa responsable da entidade, acompañadas dun resumo onde conste o número total de horas efectivamente dedicadas á realización das actuacións previstas no artigo 7 pola totalidade do persoal recollido no artigo 10.1.a) desta resolución e no período subvencionable.

Na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade figuran os modelos das follas mensuais das horas traballadas.

c) Certificación do número total de persoas atendidas, xunto cunha relación desas persoas, acreditativa da atención recibida, segundo os modelos que figuran na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

d) De ser o caso, certificación da realización de prácticas non laborais en empresa, asinada polas persoas participantes, pola/o responsable da entidade e pola persoa responsable da empresa, segundo o modelo que figura na web da Secretaría Xeral da Igualdade.

3.6. Para a xustificación do módulo de formación para o emprego:

a) Por cada acción formativa finalizada:

1. Partes de asistencia, onde consten os datos da acción formativa, asinados polas persoas participantes e a/o responsable técnica/o da actuación, segundo o modelo que figura na web da Secretaría Xeral da Igualdade.

No caso de teleformación certificación asinada pola/o responsable técnica/o da actuación, segundo o modelo que figura na web da Secretaría Xeral da Igualdade.

2. Certificación da finalización da acción formativa, asinada pola persoa responsable da entidade, comprensiva da relación de persoas asistentes e o número total de horas realizadas por cada unha delas. Na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade figurará o modelo desta certificación.

3.7. Para a xustificación do módulo de conciliación:

a) Orde de servizo, segundo os modelos que figuran na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

b) Rexistro do servizo de apoio á conciliación realizado, con parte horario, semanal ou diario, segundo os modelos que figuran na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

4. Para a xustificación final, e coa finalidade de acreditar a realización total das actividades, así como o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria deberá presentar con data límite 31 de xullo de 2018, a seguinte documentación, relativa ás actuacións subvencionadas entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018.

4.1. Solicitude de pagamento final asinada pola persoa que ten a representación da entidade, na cal se deberá facer constar de modo expreso o cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, así como o custo de persoal segundo as horas efectivamente traballadas dedicadas ao programa obxecto desta subvención (anexo V).

4.2. Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (anexo VI).

4.3. Declaración complementaria e actualizada na data da xustificación de todas as axudas ou subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma actuación, das distintas administracións públicas ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais ou, se é o caso, declaración de que non se solicitaron outras axudas ou subvencións (anexo VII).

4.4. Memoria xustificativa das actuacións realizadas e subvencionadas, segundo o modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

A memoria irá acompañada dun exemplar de todos os materiais elaborados carteis, folletos, enquisas, material didáctico, fotografías e outros documentos onde deberán figurar os logos do FSE e a imaxe corporativa da Secretaría Xeral da Igualdade, así como doutras evidencias dos gastos directos realizados, para os efectos de acreditar a realización das actuacións e o cumprimento das obrigas de publicidade e información recollidas no artigo 20.3 desta resolución.

4.5. Ficha individualizada de cada unha das persoas atendidas cos indicadores de resultado, asinada pola participante e pola persoa responsable da entidade, segundo o modelo que se descarga da aplicación PARTICIPA 1420.

No caso de participantes que se incorporen ao programa neste segundo período deberá remitirse tamén a ficha cos indicadores de produtividade referida no apartado 3.4 deste artigo.

Non serán computables as persoas que non se identifiquen e para as cales non consten debidamente cubertas as referidas fichas de atención individualizada.

4.6. Certificación da relación de participantes inseridas pola súa participación neste Programa de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero, segundo o modelo que figura na web da Secretaría Xeral da Igualdade.

4.7. Copia de vida laboral, dos contratos de traballo, ou documentación equivalente no caso de traballo por conta propia ou formando parte como socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, correspondente ás persoas que acadaron a súa inserción segundo o disposto no artigo 7.3 desta convocatoria, ou ben unha comunicación da participante autorizando a comprobación da súa vida laboral, segundo o modelo que figura na web da Secretaría Xeral da Igualdade. E unha declaración asinada por cada unha das participantes inseridas, relativa á consecución do obxectivo de inserción, segundo modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

4.8. Para a xustificación do módulo para o itinerario de inserción:

a) Certificación dos custos directos de persoal referidos a cada unha das persoas profesionais, con indicación do tipo de relación ou vinculación coa entidade solicitante e o número de horas efectivamente traballadas referidas ás actuacións vinculadas ao programa obxecto desta subvención. Segundo o modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

b) Follas mensuais das horas totais efectivamente traballadas e das horas efectivamente dedicadas a este programa, do persoal dedicado a este programa, asinadas pola persoa traballadora e pola persoa responsable da entidade, acompañadas dun resumo onde conste o número total de horas efectivamente dedicadas á realización das actuacións previstas no artigo 7 pola totalidade do persoal recollido no artigo 10.1.a) desta resolución e no período subvencionable. Na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade figuran os modelos das follas mensuais das horas traballadas.

c) Certificación do número total de persoas atendidas, xunto cunha relación desas persoas, acreditativa da atención recibida, segundo os modelos que figuran na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

d) Folla individualizada de seguimento da totalidade de persoas atendidas con atención individualizada, onde conste o número mínimo de intervencións presenciais correspondentes á porcentaxe de horas imputadas, asinada pola persoa participante e pola persoa responsable da entidade, segundo o modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade ou nas ferramentas informáticas que se deseñen para esta finalidade.

Non serán computables as persoas que non se identifiquen e para as cales non consten debidamente cubertas as referidas follas de atención individualizada en que se recolla o mínimo de intervencións presenciais requiridas.

e) De ser o caso, certificacións da realización de prácticas non laborais en empresa, asinada polas persoas participantes, pola/o pola/o responsable da entidade e pola persoa responsable da empresa, segundo o modelo que figura na web da Secretaría Xeral da Igualdade.

4.9. Para a xustificación do módulo de formación para o emprego:

a) Por cada acción formativa finalizada:

1. Partes de asistencia, onde consten os datos da acción formativa, asinados polas persoas participantes e a/o responsable técnica/o da actuación, segundo o modelo que figura na web da Secretaría Xeral da Igualdade.

No caso de teleformación, certificación asinada pola/o responsable técnica/o da actuación, segundo o modelo que figura na web da Secretaría Xeral da Igualdade.

2. Certificación da finalización da acción formativa, asinada pola persoa responsable da entidade, comprensiva da relación de persoas asistentes e o número total de horas realizadas por cada unha delas. Na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade figurará o modelo desta certificación.

4.10. Para a xustificación do módulo de conciliación:

a) Orde de servizo, segundo os modelos que figuran na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

b) Rexistro do servizo de apoio á conciliación realizado, con parte horario, semanal ou diario, segundo os modelos que figuran na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

5. Co obxecto de homoxeneizar a documentación xustificativa esta deberá presentarse obrigatoriamente nos modelos indicados pola Secretaría Xeral da Igualdade e/ou a través da aplicación PARTICIPA 1420.

6. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

No caso de que a xustificación sexa incorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora.

7. No caso de programas que rematen a totalidade das súas accións no período 2017, a xustificación presentarase nos prazos e coa documentación previstos no punto 4 deste artigo, e terá a consideración e obrigas da xustificación final. Neste caso as fichas individualizadas indicadas no punto 4.5 deste artigo deberán recoller os indicadores de produtividade e de resultado.

Artigo 22. Anticipo e pagamento da subvención

1. Unha vez xustificada a subvención, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actuacións subvencionadas.

2. Realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida para o período comprendido entre setembro e novembro de 2017, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da subvención. O importe restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

Artigo 23. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta resolución ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Procederá o reintegro total da axuda percibida, máis xuros de demora, sen prexuízo da incoación de expediente sancionador e demais responsabilidades en que poida incorrer o beneficiario, no caso de non comunicar a obtención doutras axudas que financien as actuacións subvencionadas.

3. Procederá o reintegro do 10 % da axuda percibida, no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas para a mesma finalidade.

4. A subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade das horas previstas de traballo efectivamente realizado, indicadas pola entidade na súa solicitude, e/ou o número de persoas con atención individualizada e cun mínimo de seis intervencións presenciais sexa inferior ao número exixido pola convocatoria.

5. Particularmente acadarán a porcentaxe dun 2 % de minoración sobre a contía total da axuda percibida , o incumprimento das obrigas recollidas no artigo 20.3 e 20.4 desta resolución.

6. Procederase á minoración dunha porcentaxe do 5 % sobre a contía total da axuda percibida por cada unha das beneficiarias que no acaden a súa inserción laboral ao final do programa, segundo a porcentaxe mínima establecida no artigo 7.1 desta resolución ou porcentaxe superior indicada pola entidade na solicitude e tida en conta na súa valoración. Non procederá a dita minoración cando se cumpra a porcentaxe de inserción con respecto ao número de persoas atendidas; de non cumprirse a dita porcentaxe, a minoración efectuarase sobre o número de persoas atendidas, sempre que este número sexa menor que o recollido na resolución de concesión da subvención.

7. No caso de incumprimento no/s compromiso/s de contratación, presentado/s coa solicitude e obxecto de valoración, procederá, ademais, a minoración do 5 % sobre a contía total da axuda percibida.

8. No caso de incumprimento no compromiso de realización de prácticas non laborais nunha empresa, sinalado na solicitude, procederá, ademais, a minoración do 5 % sobre a contía total da axuda percibida.

9. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 24. Control

1. A Secretaría Xeral da Igualdade poderá levar a cabo as actividades de control que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta resolución.

2. Todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e aqueloutras que determine a súa condición de subvencionada polo FSE 2014/2020.

3. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a Secretaría Xeral da Igualdade poderá realizar, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta resolución. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente da Secretaría Xeral da Igualdade xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non previsto nesta convocatoria observarase o disposto no Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, no Regulamento (UE) núm. 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1081/2006, do Consello; na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

Artigo 26. Información ás entidades interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral da Igualdade, nas unidades administrativas de igualdade das delegacións territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos, ou da Secretaría Xeral da Igualdade, http://igualdade.xunta.gal, do teléfono: 981 95 76 13 ou no enderezo electrónico: vx.igualdade@xunta.gal

Artigo 27. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral da Igualdade. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer perante a Secretaría Xeral da Igualdade, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a: igualdade@xunta.gal.

Os datos de carácter persoal das persoas usuarias ou participantes nas actuacións reguladas nesta Resolución, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a sinatura nos formulario correspondente, serán incluídos no ficheiro “Violencia de xénero” cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral da Igualdade. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer perante a Secretaría Xeral da Igualdade, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a: igualdade@xunta.gal.

Igualmente, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, e os datos de carácter persoal das persoas usuarias ou participantes nas actuacións reguladas nesta resolución, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a sinatura nos formulario correspondente, serán incluídos no ficheiro «Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos» cuxa finalidade fundamental é a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europa. O órgano responsable deste ficheiro é a Dirección Xeral de Política Financieira, Tesouro e Fondos Europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer perante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a: dx.politica.financeira.tesouro.fondos.europeos.facenda@xunta.gal.

Artigo 28. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira

A Secretaría Xeral da Igualdade ditará as instrucións que sexan necesarias para o adecuado desenvolvemento desta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

missing image file
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf
SI451AG.pdf