Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 43 23.

5º. Telefax: 981 54 43 66.

6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 190635

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 14/2017 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: trinta e tres (33) meses de acordo co establecido na epígrafe F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: no.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 71240000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 484.783,10 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 484.783,10 €. Importe total: 586.587,55 €.

b) Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na epígrefe 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e na epígrafe J do seu cadro de características.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 25 de setembro de 2017, ás 19.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

9. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 14 de agosto de 2017.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda