Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017180TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2017180TA-CO incoado a Ron Poch y J.L.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 26 de xullo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Manuel Porto Porto
Xefe do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas

ANEXO

Nº expediente: 2017180TA-CO.

Interesada: Ron Poch y J.L., (Café San Nicolás y Cía.).

DNI/NIF/CIF:B15721913.

Último enderezo coñecido: r/ San Nicolás, 15, baixo, 15001 A Coruña.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.