Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 149/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 149/2017

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 689/2015

Sobre ordinario

Demandante: Manuel Eugenio Becerra Expósito

Avogada: Ángeles Cancela Regueira

Demandados: Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 149/17 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Eugenio Becerra Expósito, contra a empresa Inkjet 10, S.L. e Alonso Madroño Fernández, sobre reclamación de cantidade, foron ditados auto e decreto no 17 de xullo de 2017 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Manuel Eugenio Becerra Expósito, contra Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández, parte executada, en forma solidaria, polo importe de 1.500 euros de principal, máis 295,06 euros en concepto de xuros de demora, máis 179,50 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas; e contra Alonso Madroño Fernández, polo importe de 1.888,52 euros en concepto de principal, máis 371,49 euros en concepto de xuros de demora, máis 226 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0149 17. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, indicando no campo do concepto o número de conta 5076 0000 64 0149 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza a letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento Inkjet 10, S.L. e a Alonso Madroño Fernández, solidariamente, pola cantidade reclamada de 1.500 euros de principal, máis 295,06 euros en concepto de xuros de demora, máis 179,50 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas; e a Alonso Madroño Fernández, polo importe de 1.888,52 euros en concepto de principal, máis 371,49 euros en concepto de xuros de demora, máis 226 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, ingresándoos na conta deste xulgado aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0149 17, e, se non pagar no prazo de dez días, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir Inkjet 10, S.L. e Alonso Madroño Fernández, a fin de que no prazo de dez días manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificaren, poderán ser sancionados, cando menos por desobediencia grave, en caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselles impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal que se ditou o auto do 17 de xullo de 2017 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, derradeiro punto).

Notifíquese ás partes e a Inkjet 10, S.L. e Alonso Madroño Fernández, por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0149 17. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 indicando no campo do concepto o número de conta 5076 0000 64 0149 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Inkjet 10, S.L., e Alonso Madroño Fernández, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza