Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade de autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), Cantera Valmarín número 189, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Pizarras Pijarma, S.L., con último domicilio coñecido en Campillín, nº 3, 27400 Ponferrada, o acordo de incoación do expediente de caducidade de autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), Cantera Valmarín nº 189, desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Ao dito acordo de iniciación poderanse achegar, no prazo de dez días, cantas alegacións, documentos ou informacións se consideren oportunas, segundo o artigo 73 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 4 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo