Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2004/9-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Parque Eólico Muxía I, no concello de Muxía (expediente IN661A 2004/9-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 7 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2004/9-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: Parque Eólico Muxía I.

Concello: Muxía.

Predio

Lugar

Titularidade

Data

Hora

23

Covada da Mina

Nieves Fandiño Baliña e herdeiros de Óscar Lago Fandiño

24.8.2017

9.45

24

Covada da Mina

Nieves Fandiño Baliña e herdeiros de Óscar Lago Fandiño

24.8.2017

9.45

288

Campo Redondo

Juan José Ferrio Ferrio

21.8.2017

9.45

318

Costa

Juan José Ferrio Ferrio

21.8.2017

9.45

489

Agra Nova

Juan José Ferrio Ferrio

21.8.2017

9.45

518

O Canle

Herdeiros de Óscar Manuel Lago Fandiño

24.8.2017

9.45

718

Lagoas

Juan José Ferrio Ferrio

21.8.2017

9.45