Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2017/447-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LAT DC 66 kV Tivo-Mourente; soterramento desde apoio 317 a subestación Mourente.

Situación: Pontevedra.

– Descricións técnicas: liña de alta tensión dc 66 kV Tivo-Mourente en dúas actuacións.

1. Aérea: 355 metros; conductor LA-180; orixe: apoio existente 315; final: apoio 317.

2. Subterránea: 1.983 metros: orixe: apoio 317 (paso aéreo-subterráneo); final: posición de liña da subestación de Mourente.

A instalación está situada na zona de Monte Porreiro e Mourente, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de xullo de 2017

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica de Pontevedra