Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael número 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño) e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, a actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael núm. 2946, sita nos termos municipais de Touro e O Pino, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2ª planta, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, ou no portal da dita consellería:

http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras

E formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 18 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña