Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO da oferta de emprego público 2017.

A Alcaldía, con data do 1 de agosto de 2017, ditou a seguinte resolución:

«Asunto: oferta de emprego público 2017.

Aprobada, conxuntamente co orzamento municipal para o exercicio económico 2017, polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria do 13 de febreiro de 2017, o cadro de persoal e relación de postos de traballo, coa creación dunha praza de técnico medio de xestión administrativa e dunha praza de administrativo de Administración xeral; esta alcaldía, dando cumprimento ao artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto do empregado público en concordancia co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e do artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e no uso das facultades que lle atribúe o artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, resolve:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público ordinaria para o exercicio 2017, do Concello de Meaño, provincia de Pontevedra, correspondente as seguintes prazas:

Persoal funcionario:

Técnico medio de xestión administrativa. Número de vacantes: 1.

Subgrupo A2. Escala de Administración xeral. Subescala xestión.

Quenda de acceso: oposición libre.

Administrativo. Número de vacantes: 1.

Subgrupo C1. Escala de Administración xeral. Subescala administrativa.

Quenda de acceso: concurso-oposición restrinxido, mediante procedemento de promoción interna.

Segundo. Que se faga pública esta oferta, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto do empregado público.

Manda e asina a alcaldesa Mª Lourdes Ucha Varela, en Meaño, ante min, a secretaria-interventora Mª Teresa Escudero Barral, que dou fe».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Meaño, 3 de agosto de 2017

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa