Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 40947

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de agosto de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado Santo Cristo, de Ourense.

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Santo Cristo, de Ourense, solicita a supresión de forma progresiva do ciclo formativo de grao medio (CM) Actividades Comerciais e a autorización do ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e Finanzas.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Suprimir de forma progresiva o CM Actividades Comerciais, que quedará suprimido o 31 de agosto de 2018, e autorizar o CS Administración e Finanzas. O centro quedará configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Santo Cristo.

Código: 32008914.

Domicilio: San Pedro, nº 2.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Escola Profesional Santo Cristo, Sociedade Cooperativa Galega.

Composición resultante:

– 1 ciclo formativo de formación profesional básica de Peiteado e Estética (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

– 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das novas ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria