Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41512

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 148, do venres 4 de agosto de 2017, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 36889, no artigo 44.1, onde di: «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo figura no anexo I-A, para as persoas solicitantes: a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante», debe dicir: «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo figura no anexo I-A, para as persoas solicitantes: a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante. Se a persoa solicitante é xurídica, NIF da empresa».

Na páxina 36899, no artigo 52.1, onde di: «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo figura no anexo I-B, para as persoas solicitantes: a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante», debe dicir: «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo figura no anexo I-B, para as persoas solicitantes: a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante. Se a persoa solicitante é xurídica, NIF da empresa».

En consecuencia, modifícanse tamén os anexos I-A e I-B referenciados nos artigos 44.1 e 52.1, respectivamente.

Na páxina 36897, no artigo 5.1.d), onde di: «Se é o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras indefinidas contratadas que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente, total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba», debe dicir: «Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas no artigo 48.4».

De acordo co anterior, modifícanse os anexos I-A, I-B, II-A e II-B para corrixir as causas de baixa que constan neles.