– Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Universidade da Coruña.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica, Sección de Contratación.
2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1º andar.
3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.
4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).
5º. Telefax: +34 981 16 70 20.
6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.udc.gal/contratacionadministrativa.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.
* Número de expediente: 2017/1014 (4 lotes).
– Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición: infraestrutura científico-tecnolóxica para desenvolvemento de proxectos de Big Data e Computación de Altas Prestacións para o Centro de Investigación da UDC en TIC (CITIC). Licenzas software heteroxéneas. Lote 1: licenza software Feko (50HWU). Lote 2: licenzas Matlab Simulink e Toolboxes. Lote 3: licenza Sim4life P-EM-QS. Lote 4: licenza Wmware Vsphere 6.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si (4 lotes).
d) Lugar de execución/entrega: CITIC.
1º. Domicilio: Campus de Elviña, s/n.
2º. Localidade e código postal: A Coruña 15071.
e) Prazo de execución/entrega: 30 días naturais para cada un dos lotes.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura). Lote 1: 48218000-9. Lote 2: 48218000-9. Lote 3: 48218000-9. Lote 4: 48218000-9.
– Valor estimado do contrato: 44.931,04 euros. Lote 1: 8.000,00 euros. Lote 2: 21.210,00 euros. Lote 3: 3.200,00 euros. Lote 4: 12.521,04 euros.
– Orzamento base de licitación:
Importe neto: 44.931,04 euros. Lote 1: 8.000,00 euros. Lote 2: 21.210,00 euros. Lote 3: 3.200,00 euros. Lote 4: 12.521,04 euros. Importe total: 54.366,56 euros. Lote 1: 9.680,00 euros. Lote 2: 25.664,10 euros. Lote 3: 3.872,00 euros. Lote 4: 15.150,46 euros.
* Número de expediente: 2017/1015.
– Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición: infraestrutura científico-tecnolóxica para desenvolvemento de proxectos de Big Data e Computación de Altas Prestacións para o Centro de Investigación da UDC en TIC (CITIC). Arquitectura hardware heteroxénea de servidores.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: CITIC.
1º. Domicilio: Campus de Elviña, s/n.
2º. Localidade e código postal: A Coruña 15071.
e) Prazo de execución/entrega: 30 días naturais.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 30210000-4.
– Valor estimado do contrato: 105.318,67 euros.
– Orzamento base de licitación:
Importe neto: 105.318,67 euros. Importe total: 127.435,59 euros.
– Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
– Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).
Complementaria: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).
– Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no PCAP.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no PCAP.
c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.
– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.
b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.
2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.
3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.
d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.
– Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).
b) Dirección: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.
c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.
d) Data e hora:
1º. Apertura do sobre B: o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.
2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e a hora no que terá lugar.
– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a rateo.
– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.
A Coruña, 28 de agosto de 2017
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. de sinatura (Resolución do 12.1.2016)
Yolanda Calaza Parajes
Vicexerenta de Asuntos Económicos e Análise de Custos