Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41612

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación dunha bolsa de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 149, do 8 de agosto de 2017, publícanse as bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación dunha bolsa de emprego.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello de Ortigueira, así como na súa sede electrónica: http://ortigueira.sedelectronica.es/

Ortigueira, 8 de agosto de 2017

Vanesa Trevín Pita
Alcaldesa en funcións