Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 42025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración e posta en marcha dun sistema de identificación mediante RFID en bibliotecas dependentes da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0010).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha dun sistema de control e identificación de fondos (libros, revistas, vídeos, DVDs, CDs, etc.) mediante tecnoloxía de identificación por radiofrencuencia (RFID) nas seguintes bibliotecas públicas de Galicia, dependentes da Xunta de Galicia:

• Biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.

• Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

• Biblioteca pública de Vigo Juan Compañel.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 5.1.2017.

DOUE: 5.1.2017.

BOE: 19.1.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 439.114,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 337.780,00 €, máis 70.933,80 € correspondentes ao IVE (21 %), o que supón un orzamento total do expediente de gasto de 408.713,80 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4.7.2017.

b) Data de formalización do contrato: 29.8.2017.

c) Contratista: Identification Care, S.L.

d) Importe de adxudicación: 199.130,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia