Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41967

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 29 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017.

BDNS (Idenf.): 360930.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Os concellos cuxa poboación sexa inferior a 10.000 habitantes no padrón municipal de habitantes do ano 2016 segundo as cifras oficiais publicadas polo Instituto Galego de Estatística en 24 de xaneiro de 2017, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos.

Segundo. Obxecto

Fomentar o emprego en colaboración coas entidades locais no medio rural a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social (TR351G), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 29 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse cinco millóns de euros (5.000.000 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día for inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria