Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016398AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

O 3 de agosto de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2016398AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Hostal Residencia O Pazo, S.L., con CIF B36802577.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Hostal Residencia O Pazo, S.L., o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 28 de agosto de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016398AL-PO.

Denunciado: Hostal Residencia O Pazo, S.L., con CIF B36802577.

Último enderezo coñecido: rúa Campos, nº 9, 11, Matamá, 36213 Vigo.

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios: artigos 3, 4.2 e 5, e o capítulo I puntos 1, 2, 4, e 5; capítulo II punto 1.c), e d), e 3; capítulo V punto 1 e 2; e capítulo XIII punto 1 do anexo II.

– Artigos 4.2 e 6.5 do Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro, polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda para petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo.

Tipificación: infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).