Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (33/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Asepeyo Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social contra Maderas Ovidio, S.L., Juan Manuel Laíño González, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), en reclamación por seguridade social, rexistrado co número de seguridade social 33/2015 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Maderas Ovidio, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 6 de novembro de 2017 ás 10.10 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Maderas Ovidio, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza