Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42994

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública, mediante procedemento restrinxido, para adxudicar o contrato para os servizos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Oza-Cesuras.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Oza-Cesuras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Domicilio: Lois, nº 33, Oza.

d) Localidade e código postal: Oza-Cesuras (15388).

e) Teléfono: 981 79 20 00.

f) Fax: 981 79 20 25.

g) Correo electrónico: correo@concellodeozacesuras.es

h) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://ozadosrios.sedelectronica.es/contractor-profile-list

i) Data límite de obtención de documentación e información: ata tres (3) días antes do fin de prazo de presentación de solicitudes de participación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Oza-Cesuras.

c) Lugar de execución: termo municipal de Oza-Cesuras.

d) Prazo de execución: 35 meses, contados desde o día da sinatura do correspondente documento administrativo. En calquera caso, os traballos deberán estar concluídos e entregados ao concello antes do 1 de novembro de 2020, por exixencias do convenio interadministrativo asinado coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

e) Admisión de prórroga: o contrato non se poderá prorrogar, en principio, toda vez que da cláusula terceira en relación coa novena do convenio interadministrativo asinado coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio se desprende que a data límite de presentación das xustificacións do gasto remata o 30 de novembro de 2020, agás que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e este concello acorde unha prórroga do prazo de xustificación concedido ao concello no convenio asinado o 8 de maio de 2017, caso en que se poderá prorrogar ata o tempo da dita prórroga sen que, en ningún caso, poida superar o prazo de catro anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: odinaria.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: multiplicidade de criterios de adxudicación.

d) Criterios obxectivos para a selección dos participantes: os establecidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 138.024,00 euros (sen IVE); 167.009,04 euros (IVE incluído).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 138.024,00 euros. Importe total: 167.009,04 euros.

6. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non exixible; só para acreditar a solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase a cláusula 10.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dez días contados desde a última publicación no BOP da Coruña ou no DOG do anuncio a que se refire a cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Modalidade de presentación: presencial, por correo ou mensaxaría.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Oza-Cesuras.

2. Domicilio: Lois, nº 33, Oza.

3. Localidade e código postal: Oza-Cesuras, 15388.

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido): o número mínimo de empresas que se van seleccionar, de entre as que presentaron solicitude de participación, será cinco e o máximo dez. Non obstante, de acordo co previsto no artigo 165.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, cando o número de candidatos que cumpran os criterios de selección sexa inferior a ese número mínimo, o órgano de contratación poderá continuar o procedemento cos que reúnan as condicións exixidas, sen que se poidan convidar empresarios que non solicitasen participar nel, ou candidatos que non posúan esas condicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Oza-Cesuras.

b) Domicilio: Lois, nº 33, Oza.

c) Localidade: Oza-Cesuras.

d) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde se poden obter os pregos: perfil do contratante da páxina web do concello (www.concellodeozacesuras.es)

Oza-Cesuras, 30 de agosto de 2017

José Pablo González Cacheiro
Alcalde