Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-433/2016-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-433/2016-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal 2-5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 11 de setembro de 2017

O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 20.11.2015)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-433/2016-PPM

Carlos Pedro Gómez Sánchez

32772730F

Resolución

Varela Silvari 19, A Coruña

PSC-CO-929/2016-PPM

Antonio José Suárez Alonso

53484129K

Resolución

Agramuíño 124, Escarabote-Boiro

PSC-CO-933/2016-PPM

Juan Carlos Santiago Rodríguez

33282442Q

Resolución

Escarabote 3-3º, Boiro

PSC-CO-938/2016-PPM

José Luis Piñeiro Sayáns

52451461F

Resolución

Espiñeira 77, Boiro