Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de procedemento aberto para a redacción do proxecto de execución das obras de construción dun pavillón polideportivo cuberto no plan parcial S.U.P. P.P. 1 Quirós.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Fomento. Nº de expediente: 4.639-440.

2. Obxecto do contrato: a redacción do proxecto de execución das obras de construción dun pavillón polideportivo cuberto e instalacións complementarias para a completa urbanización das parcelas nº 28 e 29 do plan parcial S.U.P. P.P. 1 Quirós.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 3 meses. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 82.934,40 euros. IVE que vai soportar a Administración: 17.416,22 euros. Orzamento total: 100.350,62 euros.

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: si (por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada tivese sido cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente).

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financiera: declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato, ou, no caso de que o contrato se licite por lotes, ao lote ou lotes aos que presenten proposta. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato, excepto no caso de que a duración do contrato sexa inferior a un ano, suposto no que se terá en conta o prezo do contrato.

Se o contrato se licitase por lotes, a anualidade media será a do lote ou lotes aos que presente proposta o licitador.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 18 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación