Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47166

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2017 que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017

Descrición

Importe (€)

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

6.000,00

5.5.2017

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma

60.000,00

11.5.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (Arvi)

140.497,27

8.6.2017

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) para a realización da acción de investigación: mellora analítica da detección de toxinas en moluscos bivalvos para maximizar o fluxo de traballo en Sistemas de Control (MADeTOX). Código proxecto CIMA 17/01

102.718,00

9.6.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), pola que se regulan as condicións nas que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa comunidade autónoma para a realización, durante o ano 2017, de actividades de dinamización das embarcacións patrimoniais e o XIII encontro de embarcacións tradicionais de Galicia

46.576,00

17.6.2017

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Gallega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), polo que se regulan as condicións nas que se lle concede unha suvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa comunidade autónoma para a realización, durante o ano 2017, de actividades de dinamización e fomento da carpintería de ribeira

28.000,00

19.6.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros

996.000,00

23.6.2017

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

3.000,00

13.7.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra

15.000,00

14.7.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo

23.000,00

14.7.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña

15.000,00

14.7.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores

27.000,00

14.7.2017

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas

Sen custe económico

11.8.2017