Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47849

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 184, do 27 de setembro de 2017, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 44045, no artigo 10.4, último parágrafo, onde di: «Os documentos xustificativos (d) e (e) deben reflectir o pagamento efectivo (...)», debe dicir: «Os documentos xustificativos (c) e (d) deben reflectir o pagamento efectivo (...)».

– Na páxina 44046, no artigo 11.1, parágrafo primeiro, onde di: «(...) Este prazo será de 20 días hábiles no caso de que a documentación requirida sexa a correspondente aos puntos (d) e (e) do artigo 10.4, (...)», debe dicir: «(...) Este prazo será de 20 días hábiles no caso de que a documentación requirida sexa a correspondente aos puntos (c) e (d) do artigo 10.4, (...)».