Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 18 de setembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Trigo II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Trigo II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 6.9.2017, Juan José Escobar Patiño e Filomena del Valle Alejandre solicitan autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Trigo II.

Segundo. Os solicitantes achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Juana María Escobar del Valle (35445574K), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Trigo II.

Localización:

Cuadrícula nº: 241.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.6.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Juan José Escobar Patiño e Filomena del Valle Alejandre (35394748W-35399076Y) 100 % ganancial.

Nova titular: Juana María Escobar del Valle (35445574K) 100 % privativa.

A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de setembro de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña