O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia é un órgano non colexiado superior de consulta e asesoramento da Consellería de Sanidade.
En virtude do disposto na Orde do 25 de maio de 2005 pola que se regula a composición, organización e funcionamento do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia, modificada pola Orde do 6 de outubro de 2011, a persoa titular da Consellería de Sanidade poderá, mediante orde, dispor a libre remoción e substitución dos membros do Consello, así como o seu nomeamento a título individual.
En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a Orde do 25 de maio de 2005, modificada pola Orde do 6 de outubro de 2011,
DISPOÑO:
Artigo 1
O cesamento como membro do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia da persoa que se relaciona no anexo I desta orde.
Artigo 2
O nomeamento como membros do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia das persoas indicadas no anexo II desta orde.
Artigo 3
A composición do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia quedará tal como se determina no anexo III desta disposición.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2017
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade
ANEXO I
Cesa como membro do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia:
– Alfonso Castro Beiras.
ANEXO II
Noméanse membros do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia:
– Mercedes Carreras Viñas.
– José María Martinón Sánchez.
– Manuel Salgueiro Corbacho.
– Juan Turnes Vázquez.
ANEXO III
Composición do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia:
Presidente:
– Javier Martínez Pérez-Mendaña.
Vicepresidenta:
– Belén Piñeiro Bóveda.
Vogais:
– Manuel Boquete París.
– Francisco Javier Carballo García.
– Ángel Carracedo Álvarez.
– Mercedes Carreras Viñas.
– Enrique Castellón Leal.
– José Castillo Sánchez.
– Manuel Domínguez Sardiña.
– Berta García Fraguela.
– Alfredo García Iglesias.
– Carlos González Guitián.
– Ángel Jorge-Echeverry Barreiro.
– José Luis Muíño López-Álvarez.
– José Machuca Santa Cruz.
– José María Martinón Sánchez.
– Lorenzo Pousa Estévez.
– Manuel Salgueiro Corbacho.
– Juan Turnes Vázquez.
– Luciano Vidán Martínez.