Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 48995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (307/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 307/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelo Luis Veira Perdomo contra a empresa Méndez Pérez Hermanos, S.L., Sanmar Niños, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

Na Coruña o 12 de xullo de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 307/2017, en que son parte, dunha banda, como demandante, Marcelo Luis Veira Perdomo, asistido pola letrada Iria María Ferro Sánchez, e, como demandados, Sanmar Niños, S.L. e Méndez Pérez Hermanos, S.L., que non comparecen, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Marcelo Luis Veira Perdomo contra a empresa Sanmar Niños, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e extinguida a relación laboral con data da presente resolución, e condeno a empresa ao aboamento de 3.569,88 euros en concepto de indemnización, con absolución do Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria en caso de insolvencia empresarial.

Apróbase a desistencia respecto da entidade Méndez Pérez Hermanos, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Méndez Pérez Hermanos, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza