Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lobeira

ANUNCIO polo que se publican as bases para a selección en propiedade dunha praza de Administración xeral, subescala administrativa, denominación administrativo, vacante, mediante sistema de oposición libre.

Por Resolución da Alcaldía do Concello de Lobeira, do 26 de setembro de 2017, apróbanse as bases para a selección en propiedade dunha praza de Administración xeral, subescala administrativa, denominación administrativo, vacante, mediante sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, núm. 227, do 2 de outubro do 2017, publicáronse integramente as ditas bases da convocatoria realizada polo Concello de Lobeira (Ourense), para prover mediante oposición libre, unha praza de Administración xeral, subescala administrativo vacante no cadro de funcionarios e dotada cos emolumentos correspondentes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar no procedemento selectivo será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no correspondente Boletín Oficial da provincia e/ou no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello, segundo establecen as bases da convocatoria.

Lobeira, 3 de outubro de 2017

Antonio Iglesias Álvarez
Alcalde