Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51674

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a garantir a subministración de auga ás explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2017.

Advertidos erros na Orde do 30 de outubro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 208, do 2 de novembro de 2017, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 50758, no primeiro parágrafo do artigo 3, onde di: «..., das zonas declaradas de alerta ou de prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro no momento da publicación desta convocatoria», debe dicir: «..., das zonas declaradas de alerta ou de prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil, Cantábrico occidental e do Douro no momento da publicación desta convocatoria».

Na páxina 50759, no primeiro parágrafo desta páxina, onde di: «b) Ter localizada a explotación principal nunha zona declarada de alerta ou prealerta no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro no momento da publicación desta convocatoria», debe dicir: «b) Ter localizada a explotación principal nunha zona declarada de alerta ou prealerta no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil, Cantábrico occidental e do Douro no momento da publicación desta convocatoria».

Na páxina 50760, no apartado a) do punto primeiro do artigo 5, onde di: «Novas estruturas e mellora das estruturas existentes para o abastecemento de auga tales como balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións para o seu abastecemento, sempre que non supoña unha nova captación de auga», debe dicir: «Novas estruturas e mellora das estruturas existentes para o abastecemento de auga tales como balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións para o seu abastecemento, sempre que non supoña unha nova captación de auga nunha canle fluvial».