Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52147

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 5 de abril de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Mediante a Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG núm. 75, do 19 de abril), se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

En aplicación do establecido no artigo 7 da referida resolución, o prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro día 30 de novembro. Tendo en conta a circunstancia de que a maioría dos potenciais beneficiarios residen fóra de España, así como a situación especial que están a atravesar os residentes dalgúns países de Iberoamérica, lugar de residencia da maioría dos destinatarios destas axudas, aconsellan proceder a unha ampliación do prazo sinalado inicialmente.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar ata o 15 de decembro de 2017, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 7 da Resolución do 5 de abril, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración