Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o trámite de audiencia na cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2016/00330).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o trámite de audiencia de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase a disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra.

En consecuencia, comunícolle que dispón de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte a esta notificación para formular as alegacións que considere oportunas dirixidas ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, avenida Fernández Ladreda, 43, 9º andar, de Pontevedra. Logo de transcorrer este prazo sen formular alegacións, ou presentadas estas, continuarase coa tramitación do expediente.

Pontevedra, 15 de novembro de 2017

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2016/00330

Carmen Mba Monayong

F0068971